Xuvenís:Os xogadores do equipo xuvenil do Numancia reciben do Concello un agasallo pola consecución da Copa da Ría

Concello de Ares. S.D.R. Numancia de Ares. Agasallo Equipo Xuveníl.A corporación de Ares, co alcalde, Julio Iglesias, á cabeza, ofreceu esta mañá unha recepción oficial aos xogadores, adestrador e equipo técnico do Numancia xuvenil, recentes vencedores da Copa da Ría.

 

Tal e como informa na súa páxina web o concello de ares:



"23 Maio 2009
A corporación de Ares, co alcalde, Julio Iglesias, á cabeza, ofreceu esta mañá unha recepción oficial aos xogadores, adestrador e equipo técnico do Numancia xuvenil, recentes vencedores da Copa da Ría.
No acto, que se celebrou no salón de plenos do Consistorio, o rexedor socialista fixo entrega aos rapaces dun agasallo, consistente nun pisapapeis co anagrama do Concello de Ares, como lembranza desta victoria e da copa que pasará a engrosar a sala de trofeos do clube. A continuación, todos participaron nun ágape ofrecido pola administración local no Casino.
Iglesias destacou o “triunfo importante” do Numancia a pasada fin de semana fronte e Galicia de Caranza, que os fixo merecedores da Copa da Ría, nun encontro celebrado no campo de fútbol de Maniños. O alcalde subliñou o esforzo realizado durante todo o ano por estes deportistas, así como a adicación constante dos técnicos e equipo directivo. Neste sentido, o rexedor tivo unhas palabras de recoñecemento ao recentemente finado Pedro García Vilar, quen fora presidente desta entidade deportiva.
Así mesmo, ofreceu a colaboración e axuda da corporación non só para celebrar os éxitos do equipo, senón tamén para aturar as derrotas cando se produzan.
Para facer entrega do agasallo, o alcalde procedeu á lectura dun escrito publicado na páxina web do Numancia redactado polo adestrador do equipo, Xelo, no que agradecía o traballo e o esforzo de cada un dos seus xogadores."

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.