Xuvenís: Recepción oficial no concello.
Según informa o concello na súa páxina web.
21 Maio 2009 12:14
O Clube Numancia será obxecto dunha recepción oficial por parte do Concello de Ares pola recente consecución da Copa da Ría de Fútbol, en categoría xuvenil. O acto, que estará presidido polo alcalde, Julio Iglesias, terá lugar este sábado, día 23, ás 12.30 horas no salón de plenos do Consistorio.
Despois da recepción, á que acudirán os integrantes do equipo e os responsables da directiva, os invitados serán convidados a un ágape, que terá lugar no Casino Aresano.
O equipo xuvenil do Numancia gañou fronte o Galicia de Caranza a Copa da Ría nun partido celebrado o pasado sábado no campo de fútbol de Maniños."
noticia na web do concello de ares