Xuvenís: R.Neda, 2 - Numancia, 3
Gañouse, pero...
Vitoria por 2 a 3 no arranque ligueiro do equipo de xuvenís na súa visita o campo de Neda. Ó descanso chegouse con vantaxe visitante por 1 a 2.
Juan González, Neda, 14/09/2013
Aliñacións:
Rápido de Neda: Dani, Garrote, Jorge, Carlos (Yover 82'), Miguel, Mudrik, Eli, Bouza, Aitor, Asier (Alex 67') e Leira (Borja 67').
Adestrador: José Luis Dopico Prieto
2º Adestrador: Óscar Golpe Fernández
Delegado: Juan Rodríguez Romero
Numancia de Ares: Roberto (Kike 70'), Isi, Jesús (Alberto 42'), Marcelo, Darío, Martín , D. Pérez (José M. 59'), D. Couce (Roque 67'), Iván, Adrián e A. Novoa (Miguelito 67')
Adestrador: Alex González Domínguez
2º Adestrador: Toni Bardanca López
Delegado: José A. Couce Iglesias
Árbitro: Francisco López Gómez amosou cartóns amarelos para Miguel, Mudrik, Asier e Garrote polo R. Neda e para Isi, Alberto e o adestrador Alex polo Numancia de Ares.
Goles: Jorge (2) para o R. de Neda e Iván, Jesús e Adrían para o Numancia
1-0 ( 1') Jorge: Penalti riguroso contra o Numancia que tranforma Jorge.
1-1 ( 4') Iván: "Corner" que pon o segundo pau D. Couce e Iván anota de cabeza.
1-2 (18') Jesús: Falta lateral dende o ataque dereito do Numancia. Tras moitos rexeites no borde da área o balón cae nos pes de Jesús que anota cun disparo dende a frontal.
1-3 (67') Adrián: Pase dende a esquerda de Iván a Adrián quen dende o pico esquerdo da área grande eleva o balón ante o porteiro local lixeiramente adiantado.
2-3 (88') Jorge: Falta preto da área, lixeiramente caída á dereita que executa Jorge cun forte disparo que sorprende a Kike.
Penalti inicial que puxo contra as cordas ós de Ares pero que souberon sobrepoñerse e fixeron uns primeiros vinte minutos moi aceptables. Tras a consecución do 1-2 pareceu descompoñerse un pouco a orde e comenzaron as imprecisións, pero agás a balón parado os locais non daban problemas i estes viñan máis por erros visitantes que concedían faltas e saques de esquina nalgún intre innecesarios. Con todo chegouse ó descanso con vitoria visitante por 1-2.
Na segunda metade o Numancia mantiña a posesión pero non remataba de pechar o encontro. O gol de Adrián parecía que permitiría finalizar sen agobios o encontro e máis cando o Rápido de Neda foi castigado cunha pena máxima no 86'. Pero o que puido ser o 1-4, tras errar o lanzamento, rematou nunha contra que a defensa numantina cortou cunha falta inecesaria ó borde da área e que Jorge transformou no 2-3 definitivo.
En resumo, comenzou a andaina ligueira con vitoria pero ainda queda moito que pulir neste equipo. No positivo agás da vitoria a recuperación de efectivos e o perigo na estratexia con claras ocasións e a materialización de dous tantos a balón parado. Agora a seguir traballando e preparar o vindeiro encontro que supora o debut ligueiro dos xuvenis en Prados Vellos fronte o Cedeira, ó sábado, 21 de setembro, ás 18:30 h.