XUVENIS. Pretemporada BETANZOS, 3 - NUMANCIA, 0.

Numancia de Ares ADR. Xuvenís 2013-2014. Betanzos 3 - Numancia 0. O Carregal (Betanzos) 24/08/13.FALTOU INTENSIDADE

Novo desprazamento de pretemporada do conxunto aresano. Nesta ocasión os xuvenís viaxaron ata O Carregal onde os esperaba o Betanzos, un equipo que a vindeira temporada militará na liga galega.


Betanzos, 24 de agosto de 2013.

ALIÑACIONS

BETANZOS: Iago, Pablo, Martin (C), David, Javi, Fraga, Adri, Jose, Martín Amor, Alberto e Kevi.

Tamén xogaron: Pena, Jorge, Zapata, Cristian, Dani Oza, Migui, Moises, Xenxo, Mejuto e Diz.

Adestrador: Suso García.

2º adestrador: Dani Navedo.

NUMANCIA: Kike, José Manuel, Marcelo, Roque (C), Jesús, Miguel, Nóvoa, Diego Pérez, Miguelito, Adrián e Diego Couce.

Tamén xogaron: Brais, Xaime, Isaías, Dario, Martín, Ángel e Pepe.

Adestrador: Alex González.

2º adestrador: Toni Bardanca.

Delegado: José Antonio Couce.

GOLES: Martín Amor (29´), Dani Oza (39´) e Kevin (45´).

 

 

Mala primeira metade do conxunto aresano que non deu entrado no partido ao longo do primeiro período. O conxunto betanceiro, algo mellor técnicamente e fisicamente, xogou con moita comodidade ante un Numancia que deu moitas concesións. Os de Ares comezaron ben nos primeiros minutos creando dúas boas ocasións, as únicas no primeiro acto, pero pouco a pouco foron sucumbindo ante o rival. Á media hora de xogo os de Ares encaixaban o primeiro tanto despois dun lanzamento de esquina que se lle escapa a Kike das mans e remata Martín Amor. Dez minutos despois Dani Oza de lanzamento afastado supera por alto a Kike, que nada pode facer. A punto de finalizar os primeiros corenta e cinco minutos, Kevin, tamén de lanzamento afastado supera de novo a Kike por alto. Sen tempo para máis co 3 - 0 no marcador marchamos ao descanso.

Na segunda metade o Numancia saíu con outra cara e unha mellor actitude ao terreo de xogo. A melloría dos de Ares non permitiu ao Betanzos xogar con tanta comodidade como no primeiro tempo. Púidose ver un segundo tempo máis igualado, aínda que o conxunto local foi o que marcou o tempo do partido. Neste período os dous equipos dispuxeron de varias ocasións de gol pero o marcador non se moveu, en parte para os visitantes, grazas ás intervencións de Xaime.

En resumo partido de bo ritmo ante un rival de liga galega e do que bo seguro os de Ares quitaron partido e boas conclusións.

O próximo mércores, 28 de agosto, novo partido de preparación. Nesta ocasión os de Ares desprazaranse ata O Cadaval (Narón) para enfrontarse ao Narón Balompie.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.