XUVENÍS. OS XUVENÍS BOTAN A ANDAR.

Numancia de Ares. Xuvenis 2013-2014. Presentación. Prados Vellos 05/08/13.Na tarde do pasado luns tivo lugar a presentación, e primeiro adestramento do equipo xuvenil 2013-14. Nesta ocasión os xuvenís estarán dirixidos por Alex González, quen á súa vez afronta a súa primeira temporada na entidade aresana.


Ares, 8 de agosto de 2013.

Alex procedente do Eume, estará auxiliado na faceta deportiva por José Antonio, Cartelle e Toni, quenes xa na pasada temporada realizaron esta labor xunto con Marcos Amor, quén na presente campaña estará o fronte do equipo de afeccionados.

Alex contará cunha plantilla xa experimentada na categoría posto que a maioría dos seus integrantes xa conformaban o equipo xuvenil da pasada temporada. Os xogadores que continúan da pasada temporada son: Pepe, Xaime, Adrián, Dani Cartelle, Roque, Darío, Isaías, Miguelito, Alberto, Andrés Nóvoa, Ángel, Iván, Marcelo, Martín e Miguel. A eles hai que engadir a chegada dos cadetes, Agustín, Brais, Kike, José Manuel e Roberto. Ademais na presente campaña o equipo xuvenil contará con tres novas incorporacións, Diego Couce e Jesús Lourido, ambos procedentes do Eume, e Diego Pérez, do Miño. Aos cales dende aquí aproveitamos para darlles a benvida a Prados Vellos, onde esperamos e desexamos que se encontren como na súa casa

Os xuvenis adestrarán tres días á semana: luns, mércores e xoves ás 20:00 h. E o primeiro partido de adestramento está fixado para o sábado, 10 de agosto ás 11:30 h. en A Gándara Eumesa tendo coma rival o Eume Deportivo.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.