Xuvenís:Galicia de Mugardos 1 - Numancia de Ares 3

 S.D.R. Numancia de Ares. Juveniles. Temporada 2008-2009. Semifinales Copa. Galicia de Mugardos 1- Numancia de Ares 3. A Pedreira Mugardos

 Aupa Numancia. Os xuvenís á final

2 de mayo de 2009

Xelo

Galicia de Mugardos 1 - Numancia de Ares 3

Alineación: Carlos Arnoso, Martín, Antón, Jorgito (Salva), Many, Jorge (Dani), Rico (Coco), Carlos, Rubén, Julio (Díaz) e Pedro (Pablo).

Goles: 0-1 Julio de falta directa, 1-1 Pedro do Mugardos en acción individual, 1-2 Rubén logo dunha xogada colectiva e 1-3 Salva ao cazar un balón solto na frontal do área.

S.D.R. Numancia de Ares. Juveniles. Temporada 2008-2009. Semifinales Copa. Galicia de Mugardos 1- Numancia de Ares 3. A Pedreira Mugardos
 
S.D.R. Numancia de Ares. Juveniles. Temporada 2008-2009. Semifinales Copa. Galicia de Mugardos 1- Numancia de Ares 3. A Pedreira Mugardos
 
S.D.R. Numancia de Ares. Juveniles. Temporada 2008-2009. Semifinales Copa. Galicia de Mugardos 1- Numancia de Ares 3. A Pedreira Mugardos
 
S.D.R. Numancia de Ares. Juveniles. Temporada 2008-2009. Semifinales Copa. Galicia de Mugardos 1- Numancia de Ares 3. A Pedreira Mugardos
 

Crónica:

Gran partido o disputado o sábado pola tarde o campo da Pedreira de Mugardos nunha tarde moi asollada e con gran cantidade de xente nas gradas. O partido comezou cunha gran intensidade e nos primeiros minutos ocasión de Jorge en internada por banda con disparo ao larguero, remate de cabeza ao larguero nun saque de esquina do Mugardos, paradón de Carlos a outro remate do Mugardos e balón sacado en liña de gol por Antón cando o porteiro do Numancia xa estaba batido. É con todo o Numancia o que se adianta no marcador cunha falta directa lanzada por Julio. Finalizando a primeira parte é Pedro (nuevamente onte o mellor do Mugardos) o que consegue a igualada no marcador en acción individual partindo en probable fose de xogo. Coas táboas no marcador renóvase a segunda parte e nada máis comezar xogada trenzada do Numancia, tiro de Julio e Rubén atento caza o rebote para conseguir adiantar de novo ao Numancia. A partir de aí o partido acabouse, carrusel de cambios nos dous equipos e un Mugardos que seguiu intentando facer gol pero Carlos, a defensa do Numancia e a sorte impedírono, xa cando o partido morría Salva caza un balón solto e de disparo axustado ao pau consegue o definitivo 1 a 3.

Felicitar ao Mugardos por chegar ata aquí e hoxe destacar a todo o persoal do Numancia pola boa copa realizada e conjurarse para un último paso nesa final co Galicia de Caranza que no seu eliminatoria co Meirás sufriu pero finalmente logrou o pase a penaltis á final.

Felicidades á afección do Mugardos polo bo comportamento e sobre todo á afección do Numancia por habernos feito sentir toda a calor e especialmente a todos os xogadores das categorías inferiores que abarrotaron a grada.

Finalmente deixarme ser egoísta e dedicar esta vitoria a todos os xogadores xuvenís do Numancia que pasaron polas miñas mans nestes anos e cos que non puiden lograr este logro malia estar preto moitas veces, a moitos vos vin estes días nas gradas e espero vervos a todos o día da final porque esta final tamén a xogan: Pita, os irmáns David e Oscar, Carlos Maniños, Isma, Juanlu, Curras, Julen, Regue, Margareto, Carlos e Carlitos, Javi Chanteiro, Payo, Arruxo, Kiko, Puchi, os Alex: Costa, Pérez, Martínez, García e Seijas, os Dani: Gaitas, Bule e Kika, Dudi, Teti, Jesús, Eloy, Pedrós, Rubén Martínez, Damián, Redondo, Chechu, Tobe, Igor, os estranxeiros que trouxen: Luís o louro, Luís Fraga, Fran, Alex o porteiro, Vicente, Boby, Manolito e van máis de 40 e perdón por todos os que me esquecido de nomear que seguro son uns cantos. Esta final vai por todos vós e polo que non puiden lograr. Gustaríame vervos a todos na final animando a este Numancia que foi, é e será sempre tamén @o voso Numancia. Grazas a todos e Aupa Numancia.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.