Xuvenís:Galicia de Mugardos 1 - Numancia de Ares 3
Aupa Numancia. Os xuvenís á final
2 de mayo de 2009
Xelo
Galicia de Mugardos 1 - Numancia de Ares 3
Alineación: Carlos Arnoso, Martín, Antón, Jorgito (Salva), Many, Jorge (Dani), Rico (Coco), Carlos, Rubén, Julio (Díaz) e Pedro (Pablo).
Goles: 0-1 Julio de falta directa, 1-1 Pedro do Mugardos en acción individual, 1-2 Rubén logo dunha xogada colectiva e 1-3 Salva ao cazar un balón solto na frontal do área.
|
Crónica:
Felicitar ao Mugardos por chegar ata aquí e hoxe destacar a todo o persoal do Numancia pola boa copa realizada e conjurarse para un último paso nesa final co Galicia de Caranza que no seu eliminatoria co Meirás sufriu pero finalmente logrou o pase a penaltis á final.
Felicidades á afección do Mugardos polo bo comportamento e sobre todo á afección do Numancia por habernos feito sentir toda a calor e especialmente a todos os xogadores das categorías inferiores que abarrotaron a grada.
Finalmente deixarme ser egoísta e dedicar esta vitoria a todos os xogadores xuvenís do Numancia que pasaron polas miñas mans nestes anos e cos que non puiden lograr este logro malia estar preto moitas veces, a moitos vos vin estes días nas gradas e espero vervos a todos o día da final porque esta final tamén a xogan: Pita, os irmáns David e Oscar, Carlos Maniños, Isma, Juanlu, Curras, Julen, Regue, Margareto, Carlos e Carlitos, Javi Chanteiro, Payo, Arruxo, Kiko, Puchi, os Alex: Costa, Pérez, Martínez, García e Seijas, os Dani: Gaitas, Bule e Kika, Dudi, Teti, Jesús, Eloy, Pedrós, Rubén Martínez, Damián, Redondo, Chechu, Tobe, Igor, os estranxeiros que trouxen: Luís o louro, Luís Fraga, Fran, Alex o porteiro, Vicente, Boby, Manolito e van máis de 40 e perdón por todos os que me esquecido de nomear que seguro son uns cantos. Esta final vai por todos vós e polo que non puiden lograr. Gustaríame vervos a todos na final animando a este Numancia que foi, é e será sempre tamén @o voso Numancia. Grazas a todos e Aupa Numancia.