XUVENIS. NUMANCIA, 2 - CEDEIRA, 0.
IVI: “A entrada de Xaime no mediocampo foi clave”.
Partido de moito centrocampismo e caracterizado pola igualdade entre os dous equipos que non rompeu ata os últimos vinte minutos.
Prados Vellos 23 de marzo de 2013.
ALIÑACIONS
NUMANCIA: Xaime (Carlos), Isaías (Óscar), Pepe, Adrián, Marcelo (Fran), Roque, Borja, Novoa (Xaime), Ivi, Alex Pita e Miguel (C) (Miguelito).
Adestrador: Marcos Amor Roel.
2º adestrador: Manuel Antonio Bardanca López.
Delegado: Manuel Antonio Cartelle Permuy.
CEDEIRA: Marcos. Óscar (Cleverson), Gonzalo, Lucas (C), Pablo, Antón (Antonio), Juan, David, Correa, Leonardo e Arturo.
Adestrador: Hector Aneiros Rodríguez.
Delegado: Manuel Antonio Cainzos Porben.
COLEXIADO: Brais Ferreiro Verez. Amoestou a Lucas do Cedeira, e expulsou con cartón vermello a Miguelito do Numancia e a David do Cedeira.
GOLES:
1 - 0: min. 73, rápida xogada de contraataque que inicia Alex Pita por banda dereita, parede con Borja que alcanza a área e disparo a media altura que rexeita o porteiro, o rexeitamento remátao de cabeza Ivi ao fondo da rede entrando dende atrás no segundo pau.
2 - 0: min. 79, falta en tres cuartos de campo rival que lanzan Xaime directo a portaría, o balón bombeado colle lixeiramente adiantado a Marcos e sorprendeo por alto.
COMENTARIOS DE IVI, centrocampista do Numancia:
A XOGADA DO PARTIDO:
Penso que foi o primeiro gol que metemos, xa que foi unha moi boa xogada e a partir dese momento o rival viuse un pouco abaixo e aproveitamolo chegando máis veces a súa portería e poidemos marcarlles o segundo gol.
A CLAVE:
A entrada de Xaime no mediocampo, xa que roubou algun que outro balón, e grazas ao seu poderío físico poidemos avanzar moito do medio cara adiante e ter ocasións.
ACTUACION PERSOAL:
Neste partido non xoguei na miña posición, aínda que sentinme bastante cómodo no medio campo e na banda dereita. Penso que podería facelo bastante mellor xa que ao non estar acostumado a xogar nesa posición precipitábame un pouco a hora de pasar os balóns, asi que penso que sempre se pode mellorar.
O EQUIPO:
O equipo estivo ben durante todo o partido. Penso que motivounos dalgun xeito a charla do noso adestrador e espero que sigamos asi de unidos o resto da tempada.
O RIVAL:
Un equipo dificil, xa que a maioria dos xogadores tiñan un gran fisico en comparación connosco. Na miña opinión, deberían de estar nunha zona máis alta da táboa.