Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. G. MUGARDOS, 2 - NUMANCIA, 2.
 
 

XUVENÍS. G. MUGARDOS, 2 - NUMANCIA, 2.

DE PODER A PODER.

Os de Ares lograron arrancar un punto en A Pedreira no final dun partido vibrante e moi igualado con moitas oportunidades de gol para ambos os dous equipos.


Mugardos 8 de febreiro de 2013.

ALIÑACIONS

GALICIA DE MUGARDOS: Monti, Juan, Adán, Nacho, Iván, Rubén (C) (Remus), Oliveira, Fabio, Da Silva (Borjita), Diego (Jose) e Adrián.
Adestrador: Antonio Martínez
Delegado: Francisco José Muiños.

NUMANCIA: Xaime (Cristian), Marcelo (Isaías), Pepe (C), Adrián, Darío, Alberto, Borja, Martín (Miguel), Ivi (Miguelito), Pita e Iván (Roque).
Delegado: Manuel Novoa.

COLEXIADO: Daniel Calderón Pérez. Amosoulle cartón amárelo a Nacho, Diego, Fabio, Adrián, Borjita e Ivan polo Mugardos, e a Pita, Alberto, Pepe e Manolo (delegado) polo Numancia.

GOLES:

0 – 1: Pita (min. 35), 1 – 1: Adrián (penalti) (min. 72), 2 – 1: Nacho (min. 83), 2 – 2: Pita (min. 90).

 

 



Derby vibrante, tenso e sen tempo para o descanso durante os noventa minutos. Os dous equipos baleiráronse e deixáronse a pel no campo para levarse os tres puntos nun encontro de idas e vindas a ambas as dúas áreas que nos deixaron claras ocasións de gol, e nas que os paus tamén foron protagonistas.

Comezaba o partido con intensidade e con dúas claras ocasións cando aínda non transcorreran tres minutos de xogo. A primeira foi para os locais cun disparo a queimarroupa de Da Silva que rexeita Xaime, o rexeitamento vólveo rematar o mesmo xogador local pero crúzao en exceso. E na seguinte xogada Pita dá a réplica para os de Ares pero non define nun man a man diante de Monti. O pistoletazo de saída dérase xa e os dous equipos deixaban claras as súas intencións. Sería o Mugardos o que nos primeiros quince minutos levaría o peso imprimindo algo máis de carácter ao partido, aínda que os de Ares estaban bastante seguros atrás, destacando algunhas boas intervencións de Xaime. No minuto vinte outra nova clara ocasión para os locais despois dun disparo de Adrián que se estrela no pau, o rebote dá en Diego e perdese pola liña de fondo. A partir de aquí os de Ares foron collendo o ritmo ao partido desembarazándose da presión local para igualarse a contenda nun ir e vir dunha área a outra con balóns en longo buscando as costas dos defensas. No minuto trinta e cinco e nunha desas xogadas chegaría o primeiro gol do partido. Pase en longo de Borja sobre Pita quen controla o balón vaise de Adán e de disparo a media altura bate a Monti (0 - 1). Nesta fase do encontro eran os de Ares os que tiñan o control do partido fronte a un Mugardos que perdera a intensidade dos minutos iniciais. Con vitoria pola mínima dos de Ares marcharíamos ao descanso.

Xa na segunda metade, e aos tres minutos do seu inicio darían os de Ares o primeiro claro aviso cun disparo de Roque que se estrela na base do pau. No minuto cincuenta e cinco Cristian rexeita un forte disparo lateral de Nacho e no contraataque posterior dos de Ares Martín non define diante de Monti. Nestes minutos iniciais era o Mugados o que trataba de tomar a iniciativa, pero o Numancia á contra era o que creaba o perigo. No minuto cincuenta e nove era Borja o que estrelaba o balón no longueiro desaproveitando outra ocasión dos visitantes. A partir de aqui os de Ares pouco a pouco foron cedendo terreo e foi claramente o Mugardos o que asumiu o rol no partido. Así no minuto sesenta e oito Nacho lle toma a medida ao pau visitante. Os locais estaban a premer con moitos balóns colgados á área e en profundidade o que levaba moito perigo á área do Numancia. Nunha desas xogadas Adrián vaise de Pepe e éste comete penalti sobre o dianteiro local. Pena máxima que Diego se encargaría de transformar na igualada cando o reloxo marcaba o minuto setenta e dous (1 - 1). En plena euforia local, e dous minutos despois do empate, Nacho envía o balón ao longueiro. E no minuto oitenta e tres adiantabase o Mugardos nun balón que Iván colga dende o centro do campo á área pequena do Numancia, Nacho toca lixeiramente para desviar e enviar o balón ao fondo da rede (2 - 1). No minuto oitenta e sete tivo o Mugardos a ocasión para pechar o partido nun man a man de Adrián fronte a Cristian, pero dianteiro local envía o balón por enriba do longueiro. Os de Ares estaban tocados, pero non afundidos. E nun arreón final visitante, minuto noventa, Pita de forte disparo dende tres cuartos de campo que colle a Monti lixeiramente adiantado colocalla en toda a escuadra para empatar o partido (2 - 2).

En resumo bonito e entretido derby desenvolvido con gran deportividade e no que os dous equipos despregaron un gran dispendio físico posto que as idas e vindas dunha a outra área foron a tónica xeral do encontro. Moitas oportunidades de gol nas distintas fases do partido para un e outro equipo que ben puideron decantar o derby para un ou outro bando. A repartición de puntos pódese considerar un resultado xusto.

O vindeiro martes "de Carnaval" ás 17:30 horas, en Prados Vellos, o Numancia xuvenil disputará fronte o Racing San Pedro o seu partido aprazado o pasado 19 de xaneiro por mor do temporal. Esperámosvos a tod@ en Prados Vellos. Non faltedes a cita.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.