XUVENIS. R. DE NEDA, 1 - NUMANCIA, 8.
Primeiro partido de pretempada no recén renomeado Campo de Fútbol "Juan González" (Neda) fronte ao equipo local e que se saldou con vitoria do conxunto aresán por 1 – 8. Ao descanso chegouse con vantaxe dos visitantes de 1 – 3.
Neda 25 de agosto de 2012.
Primeira proba de posta a punto de cara á vindeira tempada nun partido fronte ao Neda e no que os de Ares amosaron un pouco máis de oficio que o conxunto local. Partido para probas, e no que ambos os dous adestradores deron minutos aos xogadores dos seus respectivos equipos, cambios de posición no terreo de xogo, e probas tácticas, de cara a ir perfilando a plantilla da próxima tempada.
Os de Ares moito máis metidos no partido e cun mellor planteamento dominaron con claridade durante boa parte dos noventa minutos o que lles deu a vitoria final. Marcaron para o Numancia: Iván (2), Borja (2), Ángel, Novoa, Pepe e Adrián.