XUVENÍS. CEDEIRA, 2 - NUMANCIA, 1

Derrota dos xuvenís ante un Cedeira con dez

Sábado, 21 de marzo de 2009

Xelo

ALINEACIÓN: Carlos, Coco, Antón (Martín), Jorgito (Gabo), Many, Jorge, Carlos, Julio (Rico), Rubén (Salva), Pedro (Díaz) y Manu.

ÁRBITRO: Sen incidencia no resultado final. Expulsou na primeira parte con cartón vermello directo a un xogador do Cedeira por entrada dura sobre o lateral Jorgito e anulou tamén na primeira parte un gol ao Numancia por fóra de xogo de Julio e outro ao Cedeira por ter pitado previamente unha falta do central do Numancia.

GOL: Manu

COMENTARIO :  Partido moi disputado e pouco vistos no que o Cedeira tirou de oficio para conseguir a vitoria. Primeira parte moi disputada con apenas aproximacións ás áreas. O Cedeira quedou con dez xogadores pola expulsión dun centrocampista. Co cero a cero chegouse ao descanso e como se presumía, o partido íase decidir por pequenos detalles. Nada máis comezar a segunda parte unha falta lateral sacada polo Cedeira á área sorprende á defensa e porteiro do Numancia, conseguindo o un a cero. Pouco despois, un balón raso que se cola ás costas da liña defensiva do Numancia, é aproveitado polo Cedeira para conseguir o dous a cero. Co Numancia botado adiante, con máis corazón que cabeza, Manu, nunha falta lanzada por Jorge consegue de cabeza o gol visitante.

Nun partido gris do Numancia só destacariamos a boa interpretación do que había que facer de Díaz, nos minutos que estivo no campo, e as gañas e traballo que realizaron Martín e Rico, saíndo dende o banquiño. Con esta vitoria o Cedeira sitúase segundo, desbancando ao Numancia do posto de honor e a falta de dúas xornadas para que finalice a fase de grupos da copa, aínda está todo por decidir cun Cedeira cun só punto de vantaxe sobre o Numancia, quen non ten xa marxe de erro, estando obrigado a gañar os dous partidos que lle restan. Hai que destacar o bo oficio do Cedeira que, pese a xogar con dez, soubo sacar o partido adiante. Tirón de orellas aos xuvenís do Numancia por non ter aproveitado a oportunidade e agora, a dálo todo nos partidos que quedan.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.