XUVENIS. NUMANCIA, 2 - G. CARANZA "B", 3.

Numancia de Ares ADR. Xuvenis 2011-2012. Numancia 2 - G. Caranza O QUE CONSIGUE O HOME QUE NON O DESFAGA UN ARBITRO.

Partido que poido ser moi igualado e moi disputado si non fose polas decisións desarcertadas de un colexiado que condicionou cos súas acción o choque.


Prados Vellos (Ares) 21 de abril de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Xaime, Álvaro, Jhony (Dario min 55), Pepe (Alberto min. 70), Juan, Borja (Juanfran min 65), Juanra, Brayan, Iván (Miguelito min 73) e Cagide (Cartelle min 60).

G. CARANZA “B”: Sergio, Javi Pazos, Luís, Borja, Larry, Pablito, Adrián, Martín, Chami, Coquito e Roi. También xogaron: Gabi, Nécora, Alberto e Brais.

COLEXIADO: Fernando Caruncho Paz.

GOLES:

0 – 1: Roi.
0 – 2: Pablito.
1 – 2: Borja.
2 – 2: Juanra.
2 – 3: Chami.

Partido moi disputado o deste pasado fin de semana, a pesar do impetu do trencilla do encontro por estragar  un gran espectáculo deportivo,  e donde o pundonor dos de Ares quedou desmostrado unha vez máis.

Rendía visita a Prados Vellos o líder da categoría, o Galicia de Caranza "B". Partido que comezaría con loita dos dous equipos, seria no minuto 6, cando os ferroláns, despois dun tiro mordido do dianteiro Roi, o esférico entra mansiñamente na porta defendida por Xaime para poñerse por diante no marcador. A os trece minutos de xogo chegaría unha das xogadas claves do partido, cando o xogador rival Coquito fai unha falta por agarrón, e o xogador local Juan ve incomprensiblemente a segunda tarxeta amárela, con anterioridade xa vira unha primeira por unha man sin importancia ao taparse a cara nun despexe dun xogador do Caranza. Acto seguido e no minuto seguinte o Caranza acadaría o segundo gol, nun balón as costas da defensa que Pablito de forte disparo pona por toda a escuadra. Parecía que o encontró quedaba visto para sentenza, pero o Numancia en lugar de virse abaixo acadou o 1 - 2 no minuto vinte, obra de Borja nun disparo dende fora da área. Con ese marcador e dominando os de Ares no encontró chegaríamos ao descanso.

Tras o descanso o Numancia seguíu mandando no partido a pesar de ter un home menos. Fruto dese dominio, no min. 55 chegaría o gol de Juanra despois dun forte disparo dende case medio campo. Sin dar tempo a os de Ares a disfrutar do gol, o Caranza fixo o terceiro por medio de Chami. E cinco minutos despois chegaría a segunda expulsión da tarde, ésta sí e meritoria para Juanra, despois de dúas inocentes mans no medio campo. Facíase impensable que o Numancia, con dous home menos, poidera aguantar os arreóns do líder, pero lonxe diso tería varias ocasións nos pes de Brayan. O Numancia seguiu demostrando un gran carácter e fixo frente e meritos para facerse merecedor dun empate que non chegaría. O que si chegou foi a terceira das expulsións para os de Ares. Outra expulsión máis que rigurosa, en esta ocasión de Brayan, depois de ver dous cartóns amárelos casi consecutivos. Cartóns amosados por un colexiado que o único que fixo foi botar por terra un gran partido fútbol, rompendo coas súas accións a igualdade do choque.

Para finalizar, gustaríame agradecer os xogadores o esforzo realizado durante toda a temporada, pero especialmente no día de hoxe, facendo frente a o líder incluso en inferioridade numérica. Hoxe todos merecen un 11.

Da labor arbitral, pasemos páxina.

O sábado que ven hay que voltar con ganas renovadas para enfrontarse a outro dos osos duros da categoría, O Val no campo de Sinde. Esperamos veros a todos alí.

Grazas tamén a afición por estar apoyando e a lado do equipo en todolos seus partidos.

 Noticia del partido en la web del Galicia de Caranza

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.