XUVENÍS. PERLIO, 3 - NUMANCIA, 1.
O INDIVIDUALISMO SENTENCIOU AOS DE ARES.
Partido correspondente á decima xornada de liga no que o Numancia caeu derrotado en Os Pinares diante o Perlio.
Perlio 26 de novembro de 2011.
Polo Numancia xogaron: Carlos Arnoso, Jony, Víctor (Xaime min 52), Pepe, Álvaro, Juan, Borja, Juanra (Darío min 60), Brayan, Iván (Roque min 57) e Cagide (Cartelle min 63).
Partido para esquecer o disputado o pasado sábado ante o Perlio xa que en ningún momento foise merecedor nin do empate.
O partido comezou dubitativo por parte dos dous equipos. Foi nos primeiros 20 min de xogo cando o Numancia dispuxo de dúas boas ocasións. Dúas contras conducidas por Brayan, e nas que se abusou de individualismo, foron desaproveitadas polos de Ares para porse por diante no marcador.
O primeiro gol local chegaría no minuto vinte e cinco de xogo, e cinco minutos despois Borja empataría para os de Ares. Pouco duraría a alegría ao conxunto visitante, pois no trinta e cinco chegaría o segundo tanto local e coa primeira metade prácticamente rematada chegaría o terceiro. Co resultado de 3 - 1 a favor do Perlio marcharíamos ao descanso.
Tras a reanudación intentouse dar a volta ao marcador, o cambio de actitude foi bo pero xa foi tarde para inquietar ao equipo rival. No minuto 75 o equipo aresán queda con dez pola expulsión de Juan e as cousas complicáronse aínda máis. Finalmente chegouse ao final do encontro co mesmo resultado co que se rematou ao descanso. 3 – 1 a favor dos locais.
O vindeiro sábado, 3 de decembro, ás 16:00, os de Ares recibirán ao R. de Neda en Prados Vellos.