XUVENÍS. MEIRAS, 0 - NUMANCIA, 3.
PARECE QUE OS XUVENIS ENCONTRARON O BO CAMIÑO.
Chegou a tan ansiada vitoria a domicilio que fai subir ao Numancia aos primeiros postos da clasificación.
Meirás, 29 de outubro de 2011.
Xogaron polo Numancia: Carlos, Jony, Víctor (Darío min. 59), Álvaro, Pepe, Adrián, Borja (Ricardo min. 69), Juan (Juanra min. 57), Iván (Roque min. 70), Dani Cagide (Dani Cartelle min. 74) e Brayan.
Partido moi traballado polo equipo numantino dende o primeiro minuto hasta o derradeiro. O encontro principiou cun Numancia moi serio en defensa e con boa saída de balón cando o pasaba a ter no seu poder. O Meirás comezou a impacientarse ao ver que os de Ares tiñan a posesión. Non tardaron en chegar as primeiras oportunidades para o equipo numantino, con sendas ocasións de Brayan, Iván de tiro lonxano, Dani Cagide e Adrián á saída dun córner e Borja por dúas ocasións. Pero ningunha delas se materializaría.
Os goles chegarían na segunda metade e serían todos obra de Juanra. Aos catro minutos de entrar no terreo de xogo o centrocampista numantino fíxose co balón no borde da área, e de forte disparo que toca nun rival, o balón entra na rede do equipo local. O segundo ven precedido dun balón solto dentro da area despois dun remate de Borja. E o terceiro e definitivo ven despois dun remate de cabeza que toca con sutileza por encima do porteiro.
Agradecer a todos os xogadores o esforzo e o saber estar no campo. Como destacado desta semana poñemos a Juanra polo seu ” hat-trick “ que resultou decisivo para a vitoria.
Darlle a benvida a Carlos Arnoso, que retornou as filas numantinas, e que en este partido grazas os seu compañeiros non tivo moito traballo.