XUVENIS. O VAL, 7 - NUMANCIA, 3.
¡¡¡UN FINAL DESASTROSO¡¡¡
¿Cómo é posible, que indo por diante no marcador e en superioridade numérica, póidase recibir semellante correctivo?
Sinde (O Val) 8 de maio de 2011.
NUMANCIA: Tito (Mirlo 75´), Jony, Álvaro, Amenedo, Víctor, Juanra, Pablo, Moabe, Manu, Brayan, Ezra (Juan 46´).
Última xornada da Liga Xuvenil Comarcal onde o Numancia perdeu ante O Val no campo principal de O Sinde.
Nunha mañá de domingo nubosa e con algo de vento, chegaba ó Numancia xuvenil O Val con 13 xogadores, un deles cadetes. Non era un panorama moi alentador, pero polo menos recibiron ós numantinos unha ledicia cando souperon que xogarían no campo principal de O Sinde, unha auténtica alfombra de herba natural. Con gañas de desfrutar, saíron ós de Ares a polo encontro.
Xa nos primeiros minutos, o dominio era dos de Ares. No minuto 5, Pablo saca unha falta, o balón chega a Víctor na banda esquerda, éste centra e Moabe soamente ten que rematar a porta baleira para establecer o 0 - 1. Dominou no primeiro trampo de partido ó Numancia, aínda que sen mais goles. Ós 25 minutos de xogo espertou O Val, chegando con perigo a meta numantina. Tras varios avisos, conseguirían o 1 - 1. Antes de chegar ó descanso, unha falta sacada maxistralmente por Pablo e rematada o fondo das mallas polo central numantino Álvaro, establecendo o 1 - 2 co que se chegaba ó descanso.
Na reanudación, saíu mais metido no partido O Val conseguindo rápidamente o 2 - 2. Por sorte, o Numancia non se desanimou e unha xogada de ataque dos de Ares termina nunha man dun defensa valexo cando o balón se dirixía a gol. Penalti e expulsíón por malograr unha ocasión manifesta. Non falla Juanra a pena máxima, 2 - 3 no marcador. Fagamos unha pausa. Minuto 65 de xogo, o Numancia gaña 2 - 3 e ten superioridade numérica, nun campo de grandes dimensións onde debería prevalecer esa superioridade e o aspecto físico. Pintaban ben ás cousas pero... xa sabemos como e o Numancia xuveníl. Para sorpresa xeralizada, O Val faise co mando do encontro. Chega o empate, 3 - 3. O Numancia non reacciona, chega o 4 - 3. Os numantinos fora do partido, aproveita O Val para conseguir o 5 - 3. O Numancia noqueado, non perdoan os locais, establecen o 6 - 3. Os aresáns desesperados, non ten piedade O Val, 7 - 3. ¿Cómo pode virse abaixo un equipo en superioridade nos últimos 15 minutos do encontro? Pois cousas da ciencia e dos cerebros de rapaces de 17 a 19 anos. E unha idade moi difícil.
Como vedes, ó Numancia xuveníl tivo unha ocasión de ouro para despedir a Liga cunha vitoria, pero non puido ser.
Soamente nos queda felicitar o Perlio, campión de Liga, e o Ánimas, subcampión, e desexarlles a ambos toda a sorte do mundo na fase de ascenso a Liga Galega.
Ó Numancia quédalle afrontar a liguilla da Copa.
R. San Pedro – Numancia (próximo fin de semana).
Numancia – As Pontes (día 17).
Numancia – Narón (día 21).
¡¡¡A seguir traballando¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡