XUVENIS. NUMANCIA, 1 - R. SAN PEDRO, 6.

ADR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. Numancia 1 - R. San Pedro 6. Prados Vellos.DEBACLE NA SEGUNDA PARTE
Penúltima xornada da Liga Xuvenil Comarcal onde o Numancia caeu estrepitosamente ante o Racing San Pedro en Prados Vellos ante 100 valientes espectadores.


Ares 30 de abril de 2011.

NUMANCIA: Mirlo (Tito 70´), Coco (Manu 60´), Álvaro, Amenedo, Víctor, Juanra, Pablo, Moabe (Ezra 70´), Jony, Iván e Brayan.

COLEXIADO: D. Alejandro Miño Pico (Delegación de Ferrol) Amonestou a Moabe, Iván e Pablo no Numancia.

 



Boa tarde de sábado para a práctica do fútbol en Prados Vellos. Nos últimos coletazos da Liga, recibía o Numancia o Racing San Pedro coa intención de escalar postos na clasificación. Non poido ser.

Comezaba moi ben o partido ó Numancia. Tiña o dominio do balón, e co paso do tempo chegaban tamén as ocasións de gol. No minuto 20 de xogo, un disparo dende larga distancia de Iván sorprende o porteiro visitante e coloca o 1 - 0 no marcador. Despois dese gol poideron chegar mais, pero ós numantinos perdoaron a vida ó rival. Iso se paga. No minuto 35 ós visitantes aproveitaban un balón colgado a área local para conseguir o 1 - 1, resultado co que chegamos ó descanso.

A segunda metade foi horrible para ó Numancia. Un despiste dos locais propiciaba o 1 - 2. Un magnífico lanzamento de falta dos visitantes sería o 1 - 3. E un penalti tan claro como innecesario transformado polos ferroláns suporía o 1 - 4, cando aínda quedaban 20 minutos por disputarse. Neses últimos minutos vimos no Numancia un equipo morto, desganado e desesperado, ante un equipo cómodo no campo, con gañas, que conseguiu dous novos goles, deixando o resultado coñecido no marcador de Numancia 1- R. San Pedro 6. Castigo excesivo para ós de Ares, pero ó fútbol ten estas cousas.

Agora toca erguer a cabeza para disputar o último partido de Liga, o vindeiro sábado no campo de Sinde ante O Val, e rematar a Liga con bo sabor de boca.

¡¡Vémonos ó sábado no Val¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.