XUVENIS. NUMANCIA, 0 - O VAL, 3.

ADR Numancia de Ares. Xuvenis 2010-2011. Numancia 0 - O Val 3. Prados Vellos.¡¡¡DE COMPARSA!!!
A mais que deplorable actitude dos xuvenís no partido fronte O Val roza a falta de respecto ao Club e aos afeccionados que se achegaron ata Prados Vellos para desfrutar dunha tarde de fútbol.


Prados Vellos 7 de marzo de 2011.

ALIÑACIÓNS:
NUMANCIA: Tito (Mirlo 46´), Coco, Álvaro, Amenedo (Dani 40´), Víctor, Moabe, Pablo (Jony 69´), Iván (Borja 46´), Juanra (Ángel 61`), Brayan, Manu.

SD O VAL: Alfredo, Grandal, Diego, Alex, Isaac, Carlos, Sergio, Amarelo, Rubén (Iván 71´), Óscar (Aitor 79´)

GOLES: Alex (2) e Aitor.

COLEXIADO: D. Daniel Barrera Lourido (Delegación de Ferrol) Excelente arbitraxe. Amonestou a Brayan no Numancia e Diego no Val.

 



Partido aprazado correspondente a 17ª xornada na Liga xuvenil Local onde o Numancia fixo ó ridiculo en Prados Vellos ante preto de 100 espectadores.

Nunha preciosa tarde de luns de carnaval, con sol e temperatura moi agradable, recuperábase o partido aprazado no seu día por mor da falta de xogadores nas filas valexas. Hoxe o Val si que tivo xente, uns xogadores que pasaron por enrriba dos compañeiros numantinos.

Hoxe o Numancia xuvenil non tiña moitas gañas de xogar ó fútbol. Non sabía que facer co balón, estaba impreciso e sen ideas. O Val si que viu concentrado a xogar o partido, púxolle pundonor e sacrificio e levouse o encontro. Bastaron duas xogadas a balón parado na primeira metade onde os valexos aproveitaron a total falta de concentración numantina para establecer o 0 - 2 no marcador na primeira media hora de xogo.

Na segunda metade, querer e non poder por parte do Numancia. Bueno... querer.... quixeron soamente uns poucos, os demais como si nada pasase, a deambular polo campo mentres os minutos pasaban.... ¡¡¡viva o carnaval¡¡¡. Nas postrimerías do encontro chegaba o 0 - 3 para o Val aproveitando a desidia dos xogadores de Ares. Polo tanto un partido sen historia, no que soamente un equipo existiu no campo. Ese equipo foi o visitante, que se levou a vitoria claramente e con xustiza polo resultado coñecido de 0 - 3, ¡¡¡e grazas¡¡¡

Sobran comentarios para este “partido”. Nun partido necesitanse dous equipos e un árbitro. Hoxe houbo un equipo que xogou con gañas, un xoven colexiado que fixo un gran arbitraxe e uns xogadores con camiseta hoxe azul, que ensuciaron a imaxe do Numancia coa sua actitude Polo tanto, o non presentarse un equipo, o partido rematou 0 - 3, pero con goles reales.

Toca agora reflexionar e buscar solucións entre todos. Queda pouca tempada, pero no tempo que queda o escudo, a camiseta e a imaxe do Numancia non pode volver a caer tan baixo como neste partido de xuvenís.

O próximo partido, este sábado as 16:30 en Cedeira ante un dos equipos que loitan por facerse co campionato ligueiro. Esperemos que os nosos xogadores teñan mais gañas e sean capaces de dar a cara neste partido.

¡¡¡Vémonos o sábado en Cedeira¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.