XUVENÍS. SAN SADURNIÑO, 4 - NUMANCIA, 0.
CHEGOUSE TARDE Ó PARTIDO
Décimo novena xornada da Liga Xuvenil local onde ó Numancia entregouse por completo o CD San Sadurniño, caendo xustamente derrotado no campo da Piscina.
A Piscina (San Sadurniño) 15 de xaneiro do 2011.
NUMANCIA: Tito, Coco, Dani, Álvaro (Ricardo 60´), Jorge, Víctor (Juan 46´), Manu, Moabe, Iván (Pepe 46´), Juanra, Pablo (Rubén 46´)
COLEXIADO: D. Brais Ferreiro Vérez (Delegación de Ferrol). Amonestou a Jorge polo Numancia.
Viaxaba nunha tarde preciosa de sábado ó Numancia xuvenil a San Sadurniño, axudado por 3 bos xogadores do equipo cadete da entidade. Comezaba ó encontro cun Numancia apático e durmido, que unha falta a favor regalaba o balón e o gol posterior o equipo local tras a falta de entendemento e de concentración dos xogadores aresás. Posteriormente tería moitas ocasións o Sansa para ampliar diferencias, o que conseguiría a media hora de xogo. 2 - 0 polo tanto foi o resultado ó descanso.
Na reanudación, tras a eliminación de aire contaminada do campo e a introducción de xogadores con aire fresco, entre eles os 3 xogadores cadetes, mudou a cara do Numancia. Nos primeiros 15 minutos do encontro os de Ares viñeronse arriba e tiveron claras ocasións de gol neses intres. Non se materializaron esas ocasións, non se poido empatar o encontro neses bos 15 minutos. Tras tanto perdoar, outro erro defensivo numantino, outro regalo, permítelle o San Sadurniño poner ó 3 - 0 no marcador, o que sería un mazazo definitivo para ós aresáns. De ahí ata ó final, un partido roto onde calquera podía marcar. E como non, fixoo de novo o equipo local, conseguindo o 4 - 0 co que se chegaba ó final.
En definitiva, mal partido do Numancia especialmente na primeira metade, e xusta vitoria local.
Resaltar a gran entrega e esforzo dalgúns xogadores neste partido, caso de Moabe, Coco ou Jorge que nunca se esconderon pese as díficiles circunstancias que se viviron no encontro. Tamén agradecer e recoñecer o tráballo de Pepe, Juan e Ricardo, xogadores cadetes, que tiveron a ben axudar o equipo xuvenil co seu bo facer no campo.
A próximo sábado, Numancia – Ortigueira ás 16:00 en Prados Vellos.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡