XUVENÍS. NUMANCIA, 0 - AS PONTES "B", 4.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. Numancia, 0 - As Pontes DERROTA ANTE UN EQUIPO SERIO


Na primeira metade os visitantes desbordaron ó equipo local e sentenciaron o encontro.

Prados Vellos, 28 de novembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Tito, Coco, Brayan, Amenedo, Jorge (Álvaro 60´), Víctor (Pablo 65´), Juanra (Jony 46´), Manu, Iván (Rubén 46´), Moabe, Dani.

AS PONTES “B”: Alex (Cristian 46´), Diego (Simón 57´), Rubén, Alberto, Samuel, Hugo (Ismael 70´), Isma, Manuel, Santalla (Sergio 63´), Jacobo (Marcos 46´), Darío.

COLEXIADO: D. Jose Luís Corral Franco (Delegación de Ferrol) Amonestou a Jorge, Juanra e Pablo no Numancia.

 


Décimo terceira xornada da Liga Xuvenil Local onde o Numancia foi claramente derrotado polo CD As Pontes “B” en Prados Vellos ante 75 espectadores.

Mañá de domingo, fría con chubascos e desapacible. Horario atípico para os partidos do Numancia xuvenil, pero horario imposto pola Federación para os partidos ante o As Pontes “B”.
Foi un partido no que o Numancia aguantou nos primeiros minutos coa sua nova disposición táctica. No minuto 20 unha incomprensible indecisión numantina a hora de despexar un balón propicia o primeiro tanto visitante. Cinco minutos mais tardes un rexeite cae nun xogador pontés que libre de marca e ante a pasividade numantina dispara a pracer batendo o porteiro local, establecendo o 0 - 2. Posteriormente outro agasallo para ós visitantes, esta vez en forma de penalti, o cal aproveitan colocando o 0 - 3 co que se chegaría o descanso. Un resultado quizais demasiado duro e excesivo para o Numancia nesta chuviosa primeira metade.

No segundo tempo, mellorou a imaxe do Numancia, facendo un fútbol mais vistoso e tendo mais tranquilidade e fluidez nos últimos metros, o que propiciou algunas ocasións e un gol ben anulado polo colexiado o conxunto local. Tras ese gol anulado, chegaría un contraataque dos visitantes no que farían o 0 - 4. De ahí o final, ocasións para os dous equipos e final do partido.

En definitiva, venceu o equipo que mais intensidade puxo no partido. Un As Pontes “B” moi serio, sobretodo na defensa, e coas ideas moi claras. Un Numancia que se viu desarbolado polos goles visitantes na primeira metade, e que non tivo a intensidade suficiente para medirse a un claro candidato ó título como o As Pontes “B”.

Agora quedan 4 partidos para finalizar a primeira volta. Tres de esos partidos xogaranse nas vindeiras dúas semanas, viaxe a Narón ó sábado, o mércores festivo se recibe ó Aspirantes e o seguinte fin de semana xogarase ante o R. San Pedro como visitantes. Xa o último partido do ano será na casa ante a SD Val, antes do parón de Nadal.

Catro partidos para mellorar a imaxe e tamén para mellorar a posición e para pechar este ano 2010 para o Numancia xuvenil.

Esperemos que o equipo responda, e poida dar alguna ledicia á parroquia numantina antes de final de ano.

¡¡Vémonos o vindeiro fin de semana en Narón¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.