XUVENÍS. NUMANCIA, 1 - CEDEIRA, 1.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. Numancia 1 - Cedeira 1. Prados Vellos.EMPATE XUSTO


Encontro moi igualado entre dos conxuntos que o deron todo no terreo de xogo.

Ares 06 de novembro do 2010

ALINIACIÓNS:

NUMANCIA: Tito, Brayan, Álvaro, Amenedo, Víctor (Jony 46´), Dani, Juanra, Iván, Pablo (Quique 62´) Manu e Moabe (Rubén 73´)

CEDEIRA: Cristian (Alex 67´), Óscar, Xose, Antonio (Borja 65´) (Nelson 73´), Piñón, Daniel (Juan 83´), Iago, Alberto, Alex e Andrés (Aitor 65´)

COLEXIADO: D. Fernando Caruncho Paz (Delegación de Ferrol). Amonestou a Iván no Numancia e a Daniel no Cedeira.

GOLES:
Amenedo no Numancia
Alex no Cedeira.

 



Décima xornada da Liga Xuvenil Local onde o Numancia empatou ante o Cedeira en Prados Vellos.

Tarde de sábado con nubes e frío. Xogaban dous equipos separados por 3 puntos nunha igualadísima competición xuvenil. O encontro tivo a mesma película dende o comezo ata o final, o mesmo plantexamento por parte dos dous equipos. O Numancia buscaba a velocidade dos seus dianteiros, pero o Cedeira tiñan moi ben plantada a súa línea defensiva, que impedía os achegamentos numantinos. Os visitantes buscaban tamén a velocidade dos seus puntas, pero non tiveron moito acerto nos pases durante o encontro. Desta forma, na primeira metade tivemos ocasión ailladas por parte dos dous equipos, con disparos lonxanos e xogadas de estratexia, que non deron os seus froitos, polo que o resultado o descanso era de 0 - 0.

Na segunda metade, o Numancia estirouse un pouco mais. Tivo mais chegadas a área cedeirense, pero a precipitación dos xogadores de ataque e a boa defensa visitante impedían o gol numantino. Cando mellor estaba o Numancia, o Cedeira conseguía adiantarse nun córner rematado por Alex ó fondo da portería defendida por Tito. 0 - 1 a falta de 15 minutos. O Numancia foi a polo encontro descaradamente, con corazón e tamén algo de cabeza. Tivo o seu premio noutro córner que remata Amenedo o fondo das mallas cando o partido xa chegaba o seu fin. Xusto premio, 1 - 1 o final, empate xusto e merecido para os dous equipos.

En definitiva, moita entrega dun Numancia que se presentou ó encontro con 14 xogadores, un deles cadete, debido ás 4 baixas por lesión e a de Carlos convocado co primeiro equipo da entidade. Moita entrega por parte dos nosos, e tamén do Cedeira. Fútbol pouco fluído, sen excesivas ocasións. Empate xusto, que ven podería ser sin goles, de non ser polas xogadas de estratexia.

Agora ten o Numancia unha semana para recuperar efectivos e preparar o vindeiro encontro en Meirás. Para iso, este xoves tera un bo partido de adestramento ante a selección de Ferrolterra sub -17, as 16:30 en Prados Vellos. Unha boa pedra de toque para seguir mellorando.

O vindeiro fin de semana, novo partido de Liga nun terreo compricado como o do Misael Prieto ante o Meirás, un conxunto que de seguro porá as cousas moi difíciles os numantinos.

¡¡¡Vemonos o xóves en Prados Vellos, ás 16:30, e o fin de semana en Meirás¡¡¡ ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.