XUVENÍS. PORTUARIOS, 1 - NUMANCIA, 1.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. Portuarios 1 - Numancia 1. A Gándara.MEDO A GAÑAR
Septima xornada da Liga Xuvenil Local onde o Numancia sumou un punto ante o Portuarios nas instalacións de A Gándara.


A Gándara, 16 de outubro do 2010

ALINIACIONES:
Portuarios: Xavi (Luís 46´),  Roberto, Alejandro, Javier, Brais, Javier, Manuel (Carlos 60´), Adrián (Pedro 87´), Pepe (Iago 76´), Andrés (Sami 46´), Javi Benedicto.

Numancia: Carlos, Álvaro, Amenedo, Jorge, Víctor, Ángel (Jesús 55´), Juanra, Manu, Jony (Dani 62´), Pablo ( Brayan 64´), Coco (Antonio 76´).

COLEXIADO: D. Fernando Caruncho Paz (Delegación de Ferrol). Amonestou a Roberto, Javier, Adrián, Javi Benedicto e Pedro polo Portuarios e a Juanra e Amenedo polo Numancia. Expulsou a Jorge do Numancia por doble amonestación.

GOLES: Iago no Portuarios / Manu no Numancia

Nunha tarde con nubes, e algo de vento frío o Numancia xogaba outro partido da Liga xuveníl, esta vez nas instalacións da Gándara. Comezaba o partido con dominio territorial dos aresáns, con maior posesión de balón e maior presencia no campo. Froito deste dominio chegaban algunhas ocasións que os de Ares non conseguían rematar con acerto. Pero nunha boa xogada combinativa o balón recae en Manu que nun disparo dende media distancia consegue bater o porteiro local. 1-0 na primeira media hora de xogo. Nos últimos 15 minutos da primeira metade o Portuarios poido empatar o partido por mediación de dous penaltis, nos que o gardameta numantino Carlos estivo explendido parando os dous disparos. Con esa situación chegouse o descanso.

Nada mais comezar a segunda metade produciuse a xogada clave do encontro, ao ver Jorge o seu segundo cartón amarelo no encontro sendo expulsado xustamente polo colexiado. Tivo o Numancia que modificar o seu sistema de xogo, dando entrada tamen a xogadores de refresco. A segunda metade foi un monologo ofensivo do Portuarios, no que o acerto do porteiro numantino Carlos evitou varios goles locais. O Numancia, intentaba defenderse, deixar correr o reloxo e buscar algún contragolpe ou xogada de estratexia para matar o encontro. Pero nos últimos minutos, un despiste de marcaxe na defensa numantina propiciaba o tanto do empate do Portuarios 1-1 a falta de 5 minutos. Neses últimos minutos, os numantinos remataron o partido encerrando o Portuarios, con varias faltas laterais e saques de esquina que non poideron traducirse no gol da victoria. Polo tanto, empate xusto no marcador tras o visto nos 90 minutos de partido.

En definitiva, boa primeira parte do Numancia, con bo xogo, perigo en ataque ainda que con pouca intensidade. Na segunda metade, con 10 xogadores, quizais non se traballou o suficiente no aspecto defensivo, e iso o final pagouse. O sistema defensivo dun equipo comeza nos dianteiros e remata no porteiro. Cando non todos traballan, ainda enriba con 10 xogadores, acabase pagando. A iso hai que sumarlle a pouca picardia e oficio dos nosos xogadores para matar o encontro con mais tranquilidade. Medo a gañar, a sensación e de que perderonse dous puntos en vez de gañar un.

Toca seguir adestrando forte, para preparar os dous derbys que se aveciñan. Numancia - Maniños e G. Mugardos - Numancia.

O primeiro sera o próximo sábado as ONCE DA MAÑA en Prados Vellos ante o Cultural Maniños. ¡¡¡Soamente sirve a victoria¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

NOTA:

No menú CTEGORIAS. Xuvenís. "Plantel. Temporada 2010-2011", podedes ver a ficha individual dos xogadores. Calquera erro, ou outra incidencia que observedes, no la podedes comunicar enviando un email ao correo do Club "Contacto"

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.