Os de Ares marchan ao descanso cunha vantaxe de 4 - 1. Póñense a careta e o disfrace e nunha segunda metade de vergoña botan por terra o partido. O Perlio con seriedade, oficio, traballo e esforzo deulles unha lección de pundonor, e de regalo déixolles unha "MANITA"
Vitoria dos cadetes do Numancia fronte ao Amistade de Meirás por un claro 1 a 7, 0-5 ao descanso, nun partido con ocasións e onde se tentou xogar máis que anteriores ocasións.
Estes valores básicos e válidos para triunfar en calquera faceta da vida foron os que lles faltaron aos aresáns para traerse os tres puntos de As Pontes.
Vitoria por 9 a 1 do Numancia fronte á Escola de Fútbol do Galicia de Caranza, nun partido con máis goles que xogo. Ao descanso chegouse con vantaxe local por 2 a 0.
Frouxo encontro e remontada a balón parado. O Numancia conseguiu gañar ao Portuarios B por 2 a 3 despois de ir por detrás do marcador durante gran parte do partido. Cun xogo frouxo e pouca efectividade os goles foron logrados en tres faltas ao bordo da área. Ao descanso chegouse con vitoria local por dous tantos a un.
Uso de “cookies”
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”.
Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.