Inicio Noticias Cadetes Cadetes. Portuarios "B", 2 - Numancia, 0
 
 

Cadetes. Portuarios "B", 2 - Numancia, 0

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Portuarios Os paus protagonistas do encontro.


Encontro correspondente a 7ª xornada de liga que no seu día tivose que suspender debido a un andazo de gripe entre os xogadores do Numancia.

 

 

Martes, 8 de decembro do 2009.

7ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.
PORTUARIOS B, 2 – NUMANCIA, 0.

Alineacións:
PORTUARIOS: Xavier, Javier, Alejo (Ismael min. 58), David Cordero, Rafael, Esteban, Miguel, Iván (David Rodríguez min. 45), David Vilasánchez (Iago min. 41), Manuel (Cristián min. 57) e Adrián Planas.
NUMANCIA: Carlos, Xaime (Martín min. 41), Pepe, Ángel, Roque (Andrés min. 48), Quique, Ricardo (Miguelito min. 59), David (Antonio min. 41), Alberto (Javi min. 41), Edu e Miguel López.

COLEXIADO: José Luís Corral Franco.

CARTÓNS:
Recibiron cartón amarelo Esteban e Adrián Planas (dous cartóns) polo Portuarios e Miguel López polo Numancia.


COMENTARIO:
Espectáculo bochornoso o que ofreceron na primeira metade os aresás, apenas pasaron de mediocampo e soamente chegaron en dúas ocasións, unha ao comezo e outra ao final, á portería contraría. Incapaces de enlazar unha soa xogada, pasaron moitísimos apuros para desembarazarse dun Portuarios, tamén desordenado, pero con máis ímpeto, máis forza, peleón e mentalizado, que desde o asubío inicial xa saíu a gañar o partido, desbordando a un Numancia que non deu entrado en xogo. O centro do campo do equipo visitante brillou pola súa ausencia e os ferroláns xogaron a pracer creando moitas, excesivas, ocasións de gol que só a fortuna e San Carlos impediron que se materializasen.
Na segunda metade, volveu ese “Numancia das segundas metades” ao que os que asistimos asiduamente aos partidos xa nos afixemos. Xogando con tres infantís, un deles de primeiro ano “Martín”, que foi un dos máis destacados do equipo, xunto con Pepe e Carlos “San Carlos”, que a pesar do agasallo de Nadal que lle fixo ao contrario, non empaña en absoluto o resto da sua labor. Foron capaces de maquillar o encontro creando bastantes máis ocasións de gol que o contrario, pero a fortuna non lles sorriu. Ata en tres ocasións o balón bicou os paus, estaba claro que non era a tarde dos de Ares. Polo menos deron unha boa imaxe nesta segunda metade e mereceron o premio do gol da honra que non se materializou. Non queda máis que felicitar ao Portuarios polos tres puntos colleitados, a súa garra, o seu ímpeto e o espírito gañador co que saíron ao terreo de xogo, foron as claves para conseguilos.

MINUTO A MINUTO:
1ª METADE:
M 2: balón que rouba Miguel López nos tres cuartos, penétra na área local e pase da morte que non atopa rematador.
M 9: centro-chute do Portuarios desde a banda dereita que remata David a bocaxarro e Carlos detén de espectacular parada.
M 20: xogada do Portuarios pola banda dereita, centro ao área e mal despexe de Xaime que deixa o balón morto nos pés de David, o seu remate é de novo detido por Carlos.
M 24: centro de Adrián Planas ao área, Iván remata de cabeza e o seu disparo sae por encima do traveseiro.
M 30: despexe da defensa do Portuarios en longo, Anxo controla no mediocampo propio e ao darse media volta para atrasar ao gardameta, tropeza e cae deixando o esférico nos pés de Iván, que encara a porta numantina. Prácticamente ao bordo da área Carlos detén en primeira instancia tirándose aos pés do dianteiro, que sae favorecido do rexeite, pero o seu disparo é salvado baixo os paus por Pepe.
M 33: nova internada do Portuarios na área aresá que Carlos desbarata tirándose aos pés de Miguel.
M 39: pase en profundidade de Quique, ás costas dos defensas, sobre Edu, quen controla e encara a porta local. Lixeiramente escorado á esquerda, salva a saída de Xavier ao que supera de vaselina pero o balón sae por encima da portería.
M 43: libre directo do Portuarios no pico da área, logo de varios rexeites o balón cae no semicírculo exterior e é rematado por Miguel, Carlos envía a corner con bastantes apuros.
M 46: saque de esquina do Portuarios e Adrián Planas de cabeza envía ao fondo das mallas, 1 - 0.

2ª METADE:
M 2: saque de banda dos aresás sobre Edu que chega case á liña de fondo, o seu centro chute sae envelenado e toca no traveseiro.
M 7: agasallo de Nadal do Numancia, balón colgado de Adrián Planas desde o círculo central sobre a área numantina, Carlos dubida na súa saída e Miguel toca o suficiente para roubarlle a carteira ao gardameta aresán e marcar a porta baleira, 2 - 0.
M 19.- arrancada por velocidade de Miguel López pola banda dereita alcanza a liña de fondo xa dentro da área e nun man a man con Xavier perde unha gran ocasión de gol.
M 20: Carlos bota unha falta no círculo central que colga na área do Portuarios, o balón rexeitado pola defensa local é rematado por Miguelito pero o seu disparo sae por encima do traveseiro.
M 22: balón colgado polo Portuarios na área aresá que Carlos despexa a duras penas, o esférico cae morto no pico da área pequena e Adrián Planas de forte disparo estrélao na cruceta.
M 30: xogada de Edu pola banda esquerda, cerca do pico da área crúzaselle Miguel López que lle saca o balón dos pés, sen pensarllo dispara a porta e o esférico márchase fora rozando a base do pau.
M 39: libre directo que lanza Martín próximo ao pico da área local pero o seu disparo estrélase no traveseiro e vaise fóra.
M 42: saque de esquina de Quique que remata Edu de bolea e de novo o balón ao traveseiro.
 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.