CADETES. NUMANCIA, 12 – DEPORTIVO NARON, 0.
PARA COLLER CONFIANZA
Partido correspondente a 7ª xornada de liga (1ª fase) cadete, grupo B, disputado o sábado 24 de outubro, ás 16:30 h, no campo municipal de Prados Vellos (Ares) e que rematou con vitoria do Numancia. Ao descanso o resultado era de 6 – 0.
FICHA TECNICA
NUMANCIA: Jorge (Álvaro), Cristian (Josema), Jaime, Raúl (C), José Carlos, P. Vascós, Alex Saavedra, Fran Anido (Manu), Alex Feal (Martín), Iván (Fran Romaus) e P. Cavezza.
Adestrador: Alejandro González Domínguez.
Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.
DEPORTIVO NARON: Jesús (Yoel), Daniel López, Diego, Adrián Vilela, Brais, Yetur, Daniel Martínez (C), Iker Modino, Adrián Vázquez (Rubén), Alex (Iker Guldris) (Eloy) e Iker Dopico.
Adestrador: Javier Romero Allegue.
Delegado: Josué Pena Maroño.
ARBITRO: Daniel Pérez Ferro. Amosoulle cartón amarelo o xogador local José Carlos.
GOLES:
Numancia: Alex Feal (3), Iván (2), Raúl, P. Cavezza, Alex Saavedra, Fran Anido, José Carlos, Martín e P. Vascós.
COMENTARIO:
Partido no que dende o comezo o equipo local amosou a sua superioridade, tanto física como técnica, tratando de xogar o balón, que era algo que noutros compromisos non foron quen de facer. O Narón trataba de defenderse e xogar o balón pero o Numancia logo o recuperaba. O resultado en ambas partes foi de 6 - 0.
Partido que serviu para dar minutos a todos os xogadores de cara a seguir collendo confianza segundo avanza a temporada.
Salientar que o Deportivo Narón e un equipo moi xoven que incluso xogou con tres xogadores infantís. Un equipo de futuro a ter en conta.
O próximo fin de semana os cadetes do Numancia xogarán a domicilio no campo de O Beco fronte o Cedeira SD.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.