Cadetes: Maniños, 4 - Numancia, 2

A.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2012-2013. Maniños, 4 - Numancia, 2. O PoteAntonio: "o equipo xogou un partido de dez"

Partido adiantado a xornada nº 17. Nun terreo de xogo en malas condicións polas chuvias o Numancia caeu derrotado por 4 tantos a 2 frete ó Maniños no campo de O Pote. Ó descanso chegouse con vitoria local por 3 a 2.


O Pote, Maniños (Fene) 27 de marzo de 2013.

Aliñacións:

Maniños: Andrés, Joel (Alex Piñeiro), Esteban, José Ángel (Dani Galdo), Adrián, Marcos, David Lamas (Fran), Alex Cabarcos (C), Dani Fernández (Iván), Javier e Sergio

 

Adestrador: José Ibán Mourente Fernández
Delegado: Iván Núñez Pantín


Numancia: Roberto (Antonio), Emi, Óscar, David (Ian), Rolo (Julián), Alberto, Sergio Rico (Miguelín), Fran (C), A. Novoa, Carlos e Marcelo (Brais).


Adestrador: Daniel Iglesias Montero
Delegado:Xoan Manuel Vázquez Vázquez


Árbitro: Manuel Bejarano Estepa. Amosou cartóns amarelos a  Joel, José Ángel e Alex Cabarcos do Maniños e a David, Alberto, Brais e Dani Iglesias (adestrador) do Numancia. Amosuo cartóns vermellos  a Marcos polo Maniños e a Julián e Brais polo Numancia.

Goles: Javier, Adrián, Sergio e David Lamas (Maniños). Sergio Rico e Brais (Numancia)

1-0: (  4') Javier
2-0: (  8') Adrián
2-1: (10') Sergio Rico
3-1: (16') Sergio
3-2: (28') Brais
4-2: (75') David Lamas

COMENTARIOS DE ANTONIO LOZANO LUBIAN, gardamenta do Numancia

Antonio Lozano Lubián. Cadetes 2012-2013. A.D.R. Numancia de AresA xogada do partido?
Eu creo que de quedarme con unha xogada sería a do noso primeiro gol, no centro a balón parado que logo de rebotar contacta con algúns xogadores e acaba no fondo da rede.

Houbo algunha circunstancia ou acción que influira directamente no resultado final?
Eu penso que si, que os porteiros dos respectivos equipos pararan o penalti que lle tiraron a cada un e as expulsions dos dous xogadores do Numancia, tamen influiu moito o estado de campo que impedía moito os pases rasos e en largo.

Estas satisfeito coa túa actuación persoal?

Si, pero penso que debería mellorar as saídas nos pases longos e nos corners ademais dos saques de portería.

O equipo?
Penso que o equipo xogou un partido de dez, xogamos ben e con intensidade, os erros que tivemos foron as expulsións, un pouco tontas as duas e evitables, e os fallos na finalización. Ainda así estamos nunha dinámica positiva de bo xogo.

O equipo rival?
Penso que xogaron ben en defensa e aproveitaron ao máximo cada xogada, excepto o penalti, do que ten todo o mérito da parada Roberto.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.