Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 3 - AS PONTES, 3.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 3 - AS PONTES, 3.

Numancia de Ares ADR. Cadetes 2011-2012. Numancia 3 - As Pontes 3. Prados Vellos 28/04/12.Outra vez os erros defensivos.

O equipo cadete do Numancia empatou a tres tantos fronte ao As Pontes no seu partido de liga disputado na tarde do sábado en Prados Vellos. Ao descanso chegouse con vitoria visitante por 0 a 1.
 


Ares 28 de abril de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Roberto (Agustín 46´), José Manuel (Nico 63´), Alberto, Miguelito, Brais (David 46´), Adrián, Marcelo, Miguel, Iván, Fran (Sergio 50´), e Novoa.

AS PONTES: Ángel, Alberto, Jandro (Martínez 55´), Caínzos, David (Rey 46´), Iván, Diego, Brais, Nahum (Óscar 71´), Alex (Jorge 46´) e Roberto (Rooney 60´).

COLEXIADO: Francisco Javier Piñón López. Amoestou a Miguelito polo Numancia e a David e Rey polo As Pontes.

GOLES: Diego, Brais e Rey para As Pontes. Iván (2) e Adrián para o Numancia.

 

0 - 1: Diego (min. 7). Indecisión defensiva entre Miguelito e José Manuel nas proximidades da área local que aproveita Diego para adiantarse e bater a Roberto.
0 - 2: Brais (min. 51). Perda de balón no medio campo dos aresáns, que permite aos ponteses pór o balón ás costas da defensa local e fai que Brais, con rapidez, leve o balón e consiga anotar ante a saída de Agustín.
1 - 2: Iván (min 52). Balón en banda esquerda que pelexa Iván e consegue conectar un disparo elevado desde o pico da área que supera ó meta visitante e tras tocar no pau acaba na rede.
1 - 3: Rey (min. 57). Novo erro local en cadea que permite internarse ao equipo visitante por banda esquerda, chegar á liña de fondo e achegarse  até a área pequena onde Rey anota o terceiro tanto para As Pontes.
2 - 3: Adrián (min. 64). Balón rexeitado desde a área visitante que chega á esquerda a Novoa quen centra á área e Adrián remata de cabeza cruzando o balón  ao fondo da rede.
3 - 3: Iván (min. 65). Internada de Novoa por banda esquerda con pase en profundidade a Iván que entra na área polo pico esquerdo e cruza ante a saída do porteiro.


Primeiro tempo disputado con moita  pelexa no medio campo e chegadas de ambos equipos que salvo no gol foron neutralizadas polas defensas. O maior perigo local ocasionouno un disparo de falta ao traveseiro executado por Miguel. Unha vez máis se encaixou un gol moi pronto e novamente máis  por demérito propio que por acerto rival.
Segundo tempo onde os locais melloraron o xogo e xeraron máis ocasións aínda que sería o equipo visitante o que volvería a adiantarse no marcador. A rápida reacción en anotar o 1 a 2 xeraba moitas esperanzas nos locais que outra vez encaixarían e terían que sufrir moito para, polo menos, salvar un punto. Nesta segunda metade os porteiros terían máis traballo que na primeira parte.
En resumo mellorouse no xogo con algunhas combinacións de mérito e pelexouse ben sen perder a cara ao rival, non se dispuxeron de tantas ocasións como en partidos anteriores pero acertouse máis na finalización. No negativo, os descoidos e a falta de comunicación entre os xogadores que provocan situacións de perigo que os rivais aproveitan. Unha vez máis os balóns perdidos no medio campo que acaban ás costas da defensa seguen sendo o "talón de Aquiles" do equipo aresano que non acaba de solucionar con seguridade esas situacións.
Con este empate o Numancia cae á sexta praza con 26 puntos superado por San Pedro e Perlío ambos con 27. Na próxima xornada repítese partido na casa, desta vez fronte ao Amistade-Meirás.



Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.