CADETES:PORTUARIOS B 2 - NUMANCIA 1
Volta á crúa realidade
Fútbol Cadete Grupo IV
Sábado, 21de febreiro de 2009.
Rafa
O equipo do Portuarios B leva catro vitorias no que vai de liga e dúas conseguiunas contra nós.
No partido de hoxe o Portuarios foi superior dende o principio e a pesar de adiantarnos no marcador .Non fomos capaces de controlar o partido. O noso medio campo con Dani, Juanra e Antonio foi incapaz de imporse a uns rapaces que movían mellor o balón e que á hora de defender repartían patadas con total permisividade por parte de Bocho, árbitro do partido.
Como ven sendo habitual perdemos o partido en dúas xogadas de estratexia nas cales somos totalmente incapaces de defender. Cada vez que nos centran unha falta,os nosos xogadores quedan estáticos mentras o rivales móvense e quedan dous ou tres fronte ao porteiro. Duro traballo para Colé e Chicho conseguir correxir estes erros continuados.
Alienacións:
Numancia:
1 Carlos, 2 Jonathan , 3 Victor, 4 Álvaro (capitán ), 5 Pablo, 6 Juan Ramón , 7 Manu (15 Bryan), 8 Antoniol (14 David), 10 Daniel e 11 Rubén (12 Ezra).
Goles:
Numancia 1 :Manu
Árbitro: Permisivo co xogo duro do Portuarios.