Inicio Entrevistas Xogadores PEDRO "O PORTUGUÉS"
 
 

PEDRO "O PORTUGUÉS"

 PEDRO MACHADO GONÇALVES, UN ALENTEXANO EN ARES

Pedro naceu en Abela, ano 1978, “nun pequeno concello, Santiago de Cacem, que está irmanado con Santiago de Compostela e que pertence á comarca do Alentejo portugués”.

Ares, 11 de novembro de 2011.

Este domingo, nos prolegómenos do partido co Cedeira, Pedro recibirá o premio “Murillo Viteri” como o xogador aresán máis regular do mes de outubro. E aproveitando esta circunstancia consideramos oportuno indagar un pouco na súa personalidade, achegármonos á súa vida.

-                     Pedro, como é Santiago de Cacem? Ías á lagoa de Santo André?Numancia de Ares. Pedro Machado Gonçalves "O Portugués"

-                     Évos un concello pequeno que está irmanado con Santiago de Compostela, e queda cerca de Sines, unha cidade de pescadores mais con industrias coma unha refinería de petróleo,... Vivín ata os 27 anos coa familia entre Abela e Sines... Realmente, esta comarca é un sitio moi turístico. Toda esta rexión do litoral alentexano é moi parecida á costa ferrolá, cun mar bravo e calas abrigadas. Citaría especialemente a lagoa de Santo André. moi semellante á de Valdoviño, pero moito máis grande e onde imos no verán a bañarnos

-                     Cóntanos a túa traxectoria futbolística

-                     Empecei a xogar ao fútbol con oito anos no Cacem Union Sporting na temporada 86-87 e alí estiven ata o ano 2000 . Era unha equipa de vila sen máis pretensións deportivas.  Xogamos en F-7 ata os 12 anos, coma aquí e xa xogaba de lateral esquerdo. En afeccionados, estabamos en 3ª división (a liga portuguesa divídese en 6 grupos de terceira). Alternaba a posición de defensa coa de medio centro e lembro especialmente un torneo no que xogara contra o Sporting de Lisboa de Luís Figo,  cando estabamos na categoría de xuvenís. Figo era xuvenil de último ano e eu xogaba a miña primeira temporada de xuvenís.

 

                  “LEMBRO UN PARTIDO CONTRA O SPORTING DE LUÍS FIGO”

 

                  Desde este equipo marchei para o Vasco da Gama da cidade de Sines na temporada 2000 – 01, cando tiña vintedous anos. Fichei neste equipo (o rival do Santiago) porque casei e fun vivir para Sines. Estaba na mesma categoría e xoguei unha temporada. Ao rematar esa temporada, por motivos de traballo estiven un ano sen xogar, pois tiña que desprazarme fóra do país e resultábame incompatible.

                  Un terceiro equipo foi o Porto Covo, tamén de Sines, no Alentejo litoral. Era a temporada 2002 – 03 e como empecei a traballar en Sines viñeron falar comigo para xogar neste equipo de categoría preferente e alí estiven tres temporadas, nas que gañamos dúas ligas. Porén, non podíamos ascender por motivos económicos, o club non tiña cartos para afrontar a competición de terceira.

 

Despois desta etapa nas ligas portuguesas, chegamos ao 2005 e Pedro Machado chega a Galicia, país que non coñecía e no que vai parar, arriscándose á aquela premonición tan popular nestas terras de que “en Ares non te pares” ...

-                     Pedro, como se produce a túa chegada aquí?Numancia de Ares. Pedro Machado Gonçalves "O Portugués"

-                      Traballaba daquela en Noruega e a empresa ofreceume a posibilidade de vir para Reganosa, en Mugardos.

-                     Tiveches dificultades para integrarte no noso país?

-                     .Ningunha, ademais o idioma galego facilitoume moito a comunicación coa xente.

-                     Axudouche o fútbol nesa integración?

-                     Si, claro,  moito.

-                     Que aspectos te sorprenderon máis da nosa sociedade?

-                     Non coñecía Galicia e foi toda unha sorpresa, encantoume todo, desde a forma de ser das persoas, a súa hospitalidade, ... en xeral, foi un descubrimento moi positivo.

-                     Nestes anos que levas connosco, parece que xa vas botando raíces:casaches cunha rapaza de Cervás, tes unha filla, ... pensas en continuar para sempre no noso país ou manexas un posible retorno ao Alentejo?

-                     Agora mesmo, teño claro que vou ficar aquí.

 

            Voltemos ao fútbol, teño entendido que o primeiro equipo no que xogaches aquí foi o Miño, como contactas para fichar polo Miño?

-                     Comecei a pretemporada 2007 – 08 no Numancia con Manel de adestrador mais había moitos xogadores e quedaba sen ficha. Entón falou comigo Chemari que estaba nos veteranos do Miño e ofreceume a posibilidade de ir para o Miño, onde adestraba Ángel Mahía.

-                     E un ano despois insistiches en vir para o Numancia, non si?

-                     Certo, falei con Juan Alberto, que empezaba a súa primeira temporada no Numancia, para facer a pretemporada e quedei esa temporada e as seguintes, ata o día de hoxe.

-                     Como te defines como futbolista? Hai quen di que es excesivamente duro.

-                     Ata agora non rompín nada, nunca lesionei a ningún xogador. Si é certo que son un xogador fisicamente forte mais sempre vou de cara. En canto ás miñas cualidades non debería ser eu quen as expresara, para iso están os técnicos, aínda que xa que insistes podo dicir que son un futbolista rápido (cos anos, un pouco menos), que vou ben de cabeza e teño un golpeo forte.

 

 “A AMIZADE É O MÁIS IMPORTANTE”

 

-                     Centrémonos agora no Numancia: estás de acordo en que os futbolistas do Numancia sexan preferentemente de Ares?

-                     Totalmente, porque penso que os xoves aresáns teñen que ser os que tiren polo seu club.

-                     Que valoras máis do Numancia?Numancia de Ares. Pedro Machado Gonçalves "O Portugués"

-                     A amizade, para min é o máis importante.

-                     E o máis negativo, cales son as carencias?

-                     Temos unhas boas instalacións, cun campo de herba artificial, iluminación, vestiarios, material, ... non vexo ningunha carencia importante.

-                     Valora o trato que recibes no club, desde os xogadores ata os directivos:

-                     Todos temos unhas boas relacións.

-                     Esta temporada o Numancia conta cun rapaz senegalés, Sylla. Velo adaptado ao noso fútbol? É complicado entenderse con el?

-                     Está totalmente adaptado e entendémonos moi ben.

-                     Ten actualmente o Numancia xogadores de calidade?

-                     Si, un par deles

-                     Que posibilidades lle ves ao equipo nesta temporada 2011-12?

-                     Deberiamos clasificarnos entre o primeiro e o quinto posto.

-                     A liga da segunda autonómica ferrolá presenta ao Meirás coma claro favorito. Cales pensas ti que son os outros equipos favoritos para ocupar as dúas posicións de ascenso?

-                     Xunto co Meirás eu situaría ao Maniños, e penso que o G. Caranza tamén fará unha boa temporada, e incluiría mesmo ao Ortigueira.

-                     Atreveste a indicar cales son os xogadores máis determinantes do grupo?

-                     De entrada teño que aclarar que aínda non rematou a primeira volta e, por tanto, quedan equipos e xogadores por coñecer. Non obstante, citaría a Diego (Maniños), para min o mellor xogador da categoría, neste momento. Tamén destacaría a Álex, centrocampista do Cedeira.

 

      Igual que en anteriores entrevistas, Pedro, vas ter que confesarnos algunhas “simpatías”, para saber un pouco das túas inclinacións futbolísticas (nesta ocasión, por deferencia con Pedro, ofrecemos unha dupla visión: liga española – liga portuguesa). Aí che van estas preguntiñas:Numancia de Ares. Pedro Machado Gonçalves "O Portugués"

-                     Escolle un equipo: Depor, Ferrol, Celta, Madrid, Barcelona, Porto, Benfica, Sporting Lisboa.

-                     Eu son do Benfica, sempre Benfica. En España o Real Madrid e Depor.

-                     Mellores porteiros?

-                     Casillas e Arturo (do Benfica)

-                     Mellores defensas?

-                     Puyol e Pepe

-                     Centrocampistas?

-                     Xabi e Xabi Alonso / Raúl Meireles e Tiago

-                     Dianteiros?

-                     Cristiano Ronaldo  e Messi.

-                     Mouriño ou Guardiola?

-                     Mouriño, que por certo, en contra da crenza máis estendida, non empezou no Porto; comezou no Benfica onde dirixiu dous partidos. Gañou o derbi co Sporting e marchou porque non lle daban os cartos  que pedía.

E como non todo vai ser fútbol, imos con outro bloque temático, outras preguntas indiscretas:

-                     Dinos un filme que volverías a ver?

-                     Calquera dos de Oliver e Stan (o gordo e o fraco)

-                     Un deporte que non sexa fútbol?

-                     Balonmán

-                     O teu prato favorito?

-                     Bacallau

-                     Bicicleta ou Moto?Numancia de Ares. Pedro Machado Gonçalves "O Portugués"

-                     Bicicleta

-                     A mellor praia?

-                     San Torpes (Sines)

-                     Unha cidade?

-                     Amsterdam

-                     Que país che gustaría coñecer?

-                     Sudáfrica

-                     Supoñendo que segues a web do Numancia, que valoración che merece a información que ofrece?

-                     Interesante.

 

      “GUSTARÍAME RETIRARME NO NUMANCIA”

 

Antes da despedida, Pedro coméntanos que o feito de recibir un trofeo á regularidade sempre motiva: “a quen non lle apetece recibir un premio?”. Por tanto, considera “estimulante” esta iniciativa da adega “Murillo Viteri”.Numancia de Ares. Pedro Machado Gonçalves "O Portugués" 

 

Finalmente, resultaba obrigado preguntarlle por Portugal.

-                     Tes morriña do Alentejo?

-                     Moita, alá está a miña familia, os amigos, a miña filla,...

 

E non quere desaproveitar a ocasión de pronunciar un desexo, antes de rematar a entrevista: “Gustaríame retirarme no Numancia, conquistando algún título ou celebrando un ascenso, aínda que repito que o máis importante é a amizade”.

 

Todo un personaxe, un home que desprende humanidade e deportividade, compromiso e entrega. Un deses xogadores necesarios para calquera club. Pedro, moitas grazas polo tempo que nos regalaches e moita sorte.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.