Inicio Entrevistas Xogadores MANU MONTERO, GOLEADOR
 
 

MANU MONTERO, GOLEADOR

S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Manu Montero Doce. Entrevista. Trofeo Regularidad Murillo-Viteri Diciembre 2010. MANU:  "SEMPRE TIVEN FACILIDADE PARA MARCAR GOLES"

Un dos capitáns e principal xoia do equipo de afeccionados. Cotizado, exemplar e goleador, Manu deléitanos domingo tras domingo con goles de todas as marcas. Este domingo recibiu o premio á regularidade do mes de decembro entregado polo representante da adega Murillo Viteri, e aproveitamos esta circunstancia para manter unha breve conversa.
Ares, 19 de xaneiro de 2011
- Empezaches de pequeno no Numancia. Exactamente, cando vestiches a primeira camiseta numantina?
- Foi con 10 anos, eu era alevín de primeiro ano e daquela as categorías do Numancia comezaban en infantís, polo que tiven que xogar con rapaces maiores ca min durante dous anos. Do partido en si, non recordo moito porque estaba moi nervoso, pero si recordo que foi en Meirás.
S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Manu Montero Doce. Entrevista.- A quen recordas deses primeiros equipos: xogadores, adestradores, ...
- Esta primeira etapa numantina durou 5 anos, na que conseguimos dúas ligas, un subcampionato de liga e outro de copa, e na que o adestrador era Ángel Mahía. Recordo a todos os xogadores que formaron parte neses anos: Fernando, o Rubio, Tino, Juan, Alberto, Sergio…
 
- Despois pasaches ao San Rosendo. Como foi ese cambio?
- O San Rosendo formouse para facer o equipo cadete do R.Ferrol. Ascendera o ano anterior á liga Galega de cadetes, polo que xa te podes imaxinar o cambio, foi todo novo para min: coñecer compañeiros novos; xogar nunha liga máis competitiva; adestrar catro días á semana en lugar de dous, etc. Ademais, empecei a alternar os cadetes co xuvenil B do Rácing.
S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Manu Montero Doce. Entrevista.- Coméntanos a túa participación cos xuvenís do R. Ferrol : adestramentos, partidos “importantes”, compañeiros, goles, vitorias, ...
- Pois foron os anos que máis me marcaron como futbolista. Nestes tres anos, coincidín con moitos xogadores que hoxe teñen un nome no mundo do fútbol da comarca: Diego Charlón, Alex Grueiro, Diego Piñeiro, Saracho, Canosa, etc. Os adestramentos xa tiñan unha esixencia e intensidade alta, pois competías contra grandes equipos. Sempre tiven facilidade para marcar goles, pero os goles que recordo con máis agarimo son os dous goles que conseguín co primeiro equipo do Racing e un que marquei en Santander, pois foi o último. Recordo que o ano 2000 foi o meu mellor ano tanto deportivo como persoal, pois fixen a pretempada en Manzaneda co primeiro equipo e disputei moitos partidos da Copa Federación e da Copa Diputación con eles, e para finalizar unha tempada brillante, proclamámonos campións no equipo de S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Manu Montero Doce. Entrevista.xuvenís na liga nacional, co correspondente ascenso á División de Honra. Se tamén sumamos que o Numancia de Afeccionados e o Depor conseguiron cadanseu título de liga, este ano califícoo de espectacular.
- E despois do Rácing .... como continuou a túa traxectoria deportiva?
- Pois no meu último ano de xuvenil e despois de acabar a liga en Ferrol, xoguei a Copa co Numancia de afeccionados, nunha nova e breve etapa numantina, pois ao remate dese torneo decidín deixar o fútbol. Era o ano 2001.
- Cando regresas ao Numancia e por que?
- Cinco anos despois, no ano 2006, e cando estaba a piques de rematar os meus estudos, chamoume Ángel Mahía para que lles botase unha man.
S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Manu Montero Doce. Entrevista.- Ao fichar polo Narón, outra vez a ilusión por medrar futbolísticamente, mais unha grave lesión truncou esa posibilidade. Como superaches eses meses?
- Pois a verdade, chegaba coa ilusión de facer as cousas ben, pero no terceiro adestramento, todo se torceu coa lesión. Dixéronme que en catro meses volvería, e foi antes dese tempo cando comecei a correr, pero a partir de aí todo foi máis lento do esperado. Houbo que tomalo con paciencia e bo humor.
- Novo regreso ao Numancia e agora, lideras a táboa de goleadores. Manu equivale a gol. Pensas que é este olfato de gol a túa principal virtude futbolística? 
- Jeje. Creo que “Manu equivale a gol” é moito dicir. Efectivamente,  poder marcar tantos goles é a miña principal virtude, pero penso que moitas veces teño a sorte de estar no lugar correcto no momento preciso. Son traballador, loitador e como eu digo: moi fozón.
S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Manu Montero Doce. Entrevista.- Centrémonos no Numancia:Estás de acordo en que os futbolistas do Numancia sexan preferentemente de Ares?
- Si, para a vila é importante este feito, pero sempre son ben recibidos xogadores que axuden, sexan de onde sexan. Creo que non se cerran portas.
- Indica os aspectos positivos do Numancia?
- Hai moitos, pero destaco a gran familia numantina, que a forman as plantillas, directiva, afección…
- E as carencias?
- No aspecto puramente deportivo, a falta de ambición que ás veces amosamos. En canto á institución, creo que as instalacións melloraron moitísimo en comparación con anos atrás, pero non son todo o boas que deberían ser. Por exemplo, falo do alumeado do campo, que vai facer catro anos que temos campo S.D.R. Numancia de Ares. Campeón de Liga de Cadetes 1995-96. Manu Montero aparece situado en la fila de abajo, 2º por la derecha.sintético, cos focos colocados, pero sen suministro; o mesmo terreo de xogo, que ten o piso bastante irregular; os accesos ás bancadas…
- Ten actualmente o Numancia xogadores de calidade?
Si, pero o que resalto máis deste Numancia é o bloque.
- Comeza a segunda volta e estades no grupo de cabeza. Ves ao Numancia loitando polos primeiros postos?
- Pois por nós non vai quedar, pero creo que os próximos tres ou catro partidos van marcar se podemos pelexar por eles ou non.
- A liga da segunda autonómica ten ao Cariño, Narón B, Os Amigos e Maniños encabezando o grupo. Cales pensas ti que son os equipos favoritos para ocupar as dúas S.D.R. Numancia de Ares. Selección Cadetes de Ferrol 96-97. Manu Montero Doce es el 5º por la derecha en la fila superior.posicións de ascenso?
- Está a ser unha liga moi igualada, cousa que outros anos non ocorreu. Faltan moitos puntos e do que estou seguro é que todos os equipos van perder puntos e non se decidirá ata as últimas xornadas. Deses equipos que me dis, engadiría tamén ao Neda, Numancia e Cedeira.
- E os xogadores máis determinantes?
- Non son partidario de nomear ningún, pois cada equipo ten xogadores que son determinantes nos seus equipos.
- Atrévete a xogar a seleccionador. Dime o teu once deste grupo.
- A ver, hai moitos e moi bos xogadores, ademais non coñezo en profundidade todos os S.D.R. Numancia de Ares. San Rosendo Cadetes 97-98. Manu Montero Doce es el 4º por la derecha de la fila superior.equipos, soamente do partido no que nos enfrontamos, no que se pode ter un mal día, polo que é moi difícil (e tamén inxusto) escoller un once. Sen embargo, polo que coñezo, eu diría:
Porteiro: Roberto (Ortigueira)
Defensas: Zeta (Numancia), David Álvarez (Maniños), Adri (Maniños), Costa (Numancia)
Centrocampistas: Alex García (Numancia), Rubén Ortega (Maniños), Alex (Cedeira), Dani Ramos (Os Amigos)
Dianteiros: Perlero (Cariño), Diego (Maniños)
Paréceme un bo once, pero repito, que estou a deixar numerosos xogadores que poden ter sitio nel, por simple descoñecemento pola miña parte.
- Para saber un pouco das túas inclinacións futbolísticas, aí van estas preguntiñas: Escolle S.D.R. Numancia de Ares. Racing de Ferrol Juvenil 99-00 ascenso a división de honor. Manu Montero Doce es el 7º por la derecha de la fila superior.un equipo: Depor, Ferrol, Celta, Madrid, Barcelona.
- Depor, sempre Depor.
- Mellor porteiro da liga española?
- Casillas.
- Mellor defensa?
- Piqué.
- Un centrocampista?
- Xavi.
- Un dianteiro?
- Son moi distintos, pero gústanme Messi e Villa.
S.D.R. Numancia de Ares. Racing de Ferrol Juvenil 2000-01 División de Honor. Manu Montero Doce es el 4º por la derecha en la fila superior luciendo el brazalete de capitán.- Mouriño, Guardiola ou Del Bosque?
- Un pouco dos tres. De Mouriño como xoga coas situacións, de Guardiola o saber estar e de Vicente Del Bosque a humildade. Pero se hai que quedarse con alguén, quédome con Del Bosque.
- A quen lle entregarías o Balón de Ouro?
- Faime graza esta pregunta, porque nun debate que fixemos na plantilla, eu dixen que para min sería xusto que llo deran a calquera destes tres: Xavi pola traxectoria; Messi porque para min é o mellor xogador e ademais meteu moitos goles; ou Sneijder por todos os títulos que acadou no ano.
- Outras preguntas indiscretas: Cal foi o libro que máis che gustou?
- O Código Da Vinci.
- O filme que volverías a ver?
- Braveheart.
- S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Manu Montero Doce.Un deporte que non sexa fútbol?
- Tenis.
- O teu prato favorito?
- O churrasco é a miña comida favorita, pero estou desexando probar a lasaña que prepara Ana (a muller de Oli), pois na súa entrevista, meteume gañas, jeje.
- Bicicleta ou Moto?
- Bicicleta
- A mellor praia?
- Non hai dúbida, a de Chanteiro.
- Unha cidade?
- Para vivir, a pequena vila de Ares, e para facer turismo, Roma.
- Que país che gustaría visitar?
- Escocia e Grecia. E gustaríame volver a Suiza.
- Un personaxe que te impresionara?
S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Manu Montero Doce.- O gran Nelson Mandela.
- Que país che gustaría coñecer?
- Escocia e Grecia.
- Supoñendo que segues a web do Numancia, que valoración che merece a información que ofrece?
- Creo que facedes un traballo espectacular. Eu, como afeccionado do Numancia, póñovos un dez e agradezo o voso traballo.
Pois nós si que che agradecemos a túa total dispoñibilidade e amabilidade. Sorte e que sigas marcando goles para o Numancia.
 
 
 

 S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Manu Montero Doce.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.