ALEJANDRO COSTA, CENTRAL DO NUMANCIA
“TEMOS QUE SER MÁIS CONSTANTES E COMPETITIVOS”
Vén de ser designado coma o xogador máis regular do mes de novembro e estase a converter nun fixo nas alineacións do primeiro equipo.
Ares, 20 de decembro de 2010
Xoga desde cativiño no Numancia, sempre coas cores vermellas, fidelidade absoluta ao club. Quizás sexa un dos seus mellores momentos de forma e había que aproveitar esta ocasión para conversar un pouco co rapaz.
![S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2010-2011. Entrevista a Alejandro Costa. Jugador Más Regular de Noviembre. Trofeo Murillo Viteri.](http://www.numanciadeares.es/images/temp1011/Entevistas/costa02.jpg)
- Aos 7 anos, se non recordo mal.
- Defínete como futbolista:
- Teño unha boa colocación, mais fáltame ser máis agresivo e ter máis paciencia co balón.
- Posición preferida no campo?
- Calquera posición da defensa, aínda que me sinto máis cómodo de central.
- O Numancia actual está formado maioritariamente por xogadores de Ares. Que opinión che merece esta circunstancia?
-
Pois na miña opinión é un aspecto moi positivo,que todos os rapaces teñan unha oportunidade de xogar. Poucos equipos poden presumir disto.
![S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2010-2011. Entrevista a Alejandro Costa. Jugador Más Regular de Noviembre. Trofeo Murillo Viteri.](http://www.numanciadeares.es/images/temp1011/Entevistas/costa03.jpg)
- Que destacarías da SDR Numancia?
- A cercanía da xunta directiva e os xogadores. Ademais é un equipo para a xente de casa.
- E as súas carencias?
- Alumeado do campo (non se me ocorren moitas).
- Sorprendeute ser o xogador “máis regular” do mes de novembro?
- Pois sinceramente, si. Non me esperaba isto nin xogar tanto como o estou a facer.
![S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2010-2011. Entrevista a Alejandro Costa. Jugador Más Regular de Noviembre. Trofeo Murillo Viteri.](http://www.numanciadeares.es/images/temp1011/Entevistas/costa04.jpg)
- Por que pensas que recibiches esas valoracións tan positivas?
- Pois supoño que estaría a facer uns bos partidos.
- Con respecto á temporada anterior, produciuse algún cambio no teu xogo?
- Mellorei bastante fisicamente, aínda que este ano estou aprendendo moito en colocación.
- Estades no grupo que encabeza a táboa clasificatoria. Que posibilidades lle ves ao equipo nesta temporada 2010-11?
- Penso que estaremos na parte de arriba da táboa, pero temos que ser máis constantes e competitivos.
![S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2010-2011. Entrevista a Alejandro Costa. Jugador Más Regular de Noviembre. Trofeo Murillo Viteri.](/images/temp1011/Entevistas/costa05.jpg)
- A liga da segunda autonómica arrancou cun Maniños coma claro favorito. Despois destes meses de competición, coa igualdade que se está a dar, ves a algún equipo que poida “escapar” e distanciarse dos demais?
- Agora mesmo non creo que haxa ningún favorito, aínda que dos equipos cos que xogamos, o mellor pareceume o Cariño.
- Para saber un pouco das túas inclinacións futbolísticas, aí van estas preguntiñas: Escolle un equipo: Depor, Rácing, Celta, Madrid, Barcelona, ...
- Depor.
![S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2010-2011. Entrevista a Alejandro Costa. Jugador Más Regular de Noviembre. Trofeo Murillo Viteri.](http://www.numanciadeares.es/images/temp1011/Entevistas/costa06.jpg)
- Casillas.
- Mellor defensa?
- Puyol.
- Un centrocampista?
- Xavi.
- Messi ou Cristiano?
- Cristiano.
![S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2010-2011. Entrevista a Alejandro Costa. Jugador Más Regular de Noviembre. Trofeo Murillo Viteri.](/images/temp1011/Entevistas/costa07.jpg)
- Balón de ouro: Xavi, Iniesta ou Messi?
- Xavi.
- Mouriño ou Guardiola?
- Mouriño.
- Outras preguntas indiscretas: Cal foi o libro que máis che gustou?
- El Señor de los Anillos.
-
O filme que volverías a ver?
![S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2010-2011. Entrevista a Alejandro Costa. Jugador Más Regular de Noviembre. Trofeo Murillo Viteri.](http://www.numanciadeares.es/images/temp1011/Entevistas/costa08.jpg)
- Star Wars.
- Un deporte que non sexa fútbol?
- Baloncesto.
- O teu prato favorito?
- Lasaña.
- Bicicleta ou Moto?
- Bicicleta.
-
A mellor praia?
![S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2010-2011. Entrevista a Alejandro Costa. Jugador Más Regular de Noviembre. Trofeo Murillo Viteri.](http://www.numanciadeares.es/images/temp1011/Entevistas/costa09.jpg)
- A de Chanteiro.
- Unha cidade?
- Lisboa.
- Que país che gustaría coñecer?
- Austria.
- Supoñendo que segues a web do Numancia, que valoración che merece a información que ofrece?
- Moi boa, destacando as crónicas dos partidos e as fotos.
![S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2010-2011. Entrevista a Alejandro Costa. Equipo de Juveniles.](http://www.numanciadeares.es/images/temp1011/Entevistas/costa10.jpg)
![S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2010-2011. Entrevista a Alejandro Costa. Equipo Infantil de Futbol Sala del Outeiro de Chanteiro.](http://www.numanciadeares.es/images/temp1011/Entevistas/costa11.jpg)
Ata aquí esta breve entrevista con Alejandro Costa, un dos novos valores aresáns, consolidado xa no primeiro equipo.