Inicio Entrevistas Adestradores SELECCIONADOR SUB-17
 
 

SELECCIONADOR SUB-17

SDR NUMANCIA. SELECCIONADOR FERROLÁN SUB-17. DECEMBRO 2009XOSÉ LOIS LAGO: “DESDE PREBENXAMÍNS BUSCAMOS O RESULTADO E NON A FORMACIÓN"

Aproveitamos a visita da selección ferrolá sub-17 a Prados Vellos para manter unha charla con Xosé Lois, seleccionador ferrolán que anteriormente adestrara durante dous anos ao Cedeira de afeccionados e outras dúas temporadas aos xuvenís do Meirás.

S.D.R. Numancia de Ares. Entrenador Selección Sub-17 de FerrolAres, 30 de decembro de 2009
- Como e desde cando es seleccionador?
- Esta é a terceira temporada como seleccionador. No seu momento, propuxéronmo na delegación, concretamente foi Álvaro, e pareceume interesante porque estás en contacto cos mellores xogadores da comarca. Esta temporada, por exemplo, temos xogadores de 12 equipos da bisbarra, desde Ortigueira ata Pontedeume, pasando polas Pontes.
- Cales son os procesos que utilizas para formar as convocatorias?
- Basicamente, a observación de partidos. Tamén estamos en contacto cos clubs, no sentido de que se un xogador non vai entrenar co seu equipo, queremos sabelo porque a selección debe ser un premio. Dentro dos clubs, contactamos cos adestradores, coñezo a todos, absolutamente a todos e pregúntolles, gústame saber as súas opinións.
- A estas alturas, está pechado o grupo para o torneo Caixa Galicia?
- Non, nunca se dá por pechado. Lembro que un ano, despois do primeiro partido disputado chegamos a cambiar a catro xogadores.
- Critícase que levas a rapaces que non están xogando nos seus equipos, que opinas?
- Si, é certo, agora temos o porteiro do Rácing, do equipo da División de Honor, un rapaz que xoga poucos minutos co seu equipo pero considero que a súa convocatoria nesta selección sub-17 está xustificadísmo, dado o nivel do club no que está e que os seus adestramentos son dun nivel alto e moi intensos. Temos que entender que a este combinado só podemos traer aos xuvenís de primeiro ano, é dicir, aos máis novos da súa categoría.
- Como valoras este equipo, que papel poden realizar no torneo Caixa Galicia?
- En principio, somos a cenicienta do grupo, somos a comarca con menos licenzas federativas, con menos equipos de primeiro nivel, pero aínda así intentaremos competir en todos os campos e contra todos os rivais.     
- Existe moita diferenza coa selección de Coruña?
- Moitisima, pensa que na selección de Coruña todos os rapaces xogan en División de Honor ou Liga nacional. Tamén o combinado de Santiago é moi forte, quizás Lugo estea máis no noso nivel.
- Hai algún rapaz que exerza de líder?
- Varios, temos algúns que teñen carácter de líder.
- Que opinas do nivel de competición do fútbol xuvenil de Ferrolterra?
- Anda baixo, porque a maioría dos rapaces da nosa selección están na liga local. En Ferrol só hai un equipo na División de Honor e a liga local ten moi pouco nivel .
- Traballase mal en Ferrol?
- Penso que si, porque se busca o resultado e non a formación, xa desde prebenxamíns. Ver aos pais, aos adestradores, é salvaxe, todos queren gañar, só gañar. Despois comprobamos que chegan os xogadores á categoría de cadetes sen formar. Vívese das súas virtudes e non se corrixen os seus defectos.
- Ocórreseche algunha solución?
- Proporía quitar as clasificacións e pór normas como obrigar a que todos os nenos xoguen un mínimo de tempo en cada partido. Isto desde prebenxamíns ata cadetes. O rendemento hai que pedirllo en xuvenís, xa hai que cambiar a filosofía en cadetes.
- Os dous representantes na Galega, Narón e Caranza ocupan posicións baixas. Indica isto que temos pouco nivel?
- Mlira, nesta selección sub-17 non temos ningún xogador do Narón e do Caranza temos tres.  Noutras zonas están mais avanzados ca nós. Aquí copiamos modelos do fútbol profesional onde prima a vitoria.
- Teñen  mellores adestradores?
- Na nosa comarca a maioría dos adestradores son pais e non teñen unha formación apropiada coma adestradores. Un gran club ten que ter grandes directivos que marquen unha liña de traballo, unha filosofía que trasladar aos adestradores que contraten. Nas categorías de base deberían estar os mellores adestradores e deberían ser os mellor pagados.
- O Racing está realizando unha gran campaña, pero teñen xogadores doutras zonas. Paréceche positivo que veñan estes xogadores?
- Non, quítanlle sitio aos de aquí. Algo vai mal no Rácing cando ten que fichar xogadores de Coruña.
Pois con esta declaración contundente rematamos unha distendida e amena conversa con Xosé Lois, seleccionador ferrolán sub-17 ao que lle desexamos os mellores resultados na próxima edición do torneo de seleccións Caixa Galicia.
 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.