Entrega do Premio "Bodegas & Vinos Ares"

ALEX PITA RECOLLEU O PREMIO BODEGAS&VINOS ARES AO MELLOR XOGADOR DA PASADA TEMPORADA

ADR Numancia de Ares. Bodegas y Vinos Ares. Entrega de Trofeo. Alex Pérez y Alex PitaNa tarde do martes 10 de Xullo, nas instalacións da empresa aresana, Bodegas&Vinos Ares, o representante da mesma, Alex Pérez, facía entrega do premio ao mellor xogador da temporada 2017-2018 no equipo de modestos, o atacante zurdo, Alejandro Pita Fernández, ´´ALEX  PITA". O explosivo xogador do Numancia, levábase seis botellas do mellor viño destas bodegas, que un ano mais colaborou activamente co Numancia patrocinando este premio que se entrega de maneira mensual, tendo como guinda final o premio de mellor xogador da temporada. Podes coñecer a fondo esta empresa amiga do Numancia no seguinte enlace: http://www.bodegasyvinosares.es.

 


ADR Numancia de Ares. Bodegas y Vinos Ares. Entrega de Trofeo. Alex Pérez y Alex Pita  ADR Numancia de Ares. Bodegas y Vinos Ares. Entrega de Trofeo. Alex Pérez y Alex Pita


Con este acto, queda pechada de maneira definitiva a temporada 2017-2018. A nova Xunta Directiva, xa traballa na planificación da nova temporada, xa que dentro de aproximádamente un mes, Prados Vellos volverá a abrir as suas portas para que rode o balón. O noso primeiro equipo dará continuidade a línea de traballo do corpo técnico e de gran parte do plantel da pasada temporada, con algunha que outra novidade que anunciaremos cando se achege o inicio do actividade futbolística. A pretemporada  xa ten dous partidos confirmados, que son os seguintes:


DOMINGO 12 DE AGOSTO

Numancia - Galicia de Mugardos (Trofeo Festas de San Roque)

DOMINGO 19 DE AGOSTO

 Numancia - Cultural Maniños (Trofeo Concello de Ares)


Seguimos traballando...

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.