Inicio Premios Regularidade de afeccionados 2017-2018 TROFEO Á REGULARIDADE "BODEGAS E VIÑOS ARES. COPA. NUMANCIA, 1 - EUME, 0
 
 

TROFEO Á REGULARIDADE "BODEGAS E VIÑOS ARES. COPA. NUMANCIA, 1 - EUME, 0

FUTBOLISTA TOTAL: CHAPUGOL

E partidazo do gran capitán, don Julio Escudero.

 

 

Ares, 4 de xuño de 2018.

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. Trofeo a la regularidad Bodegas y Vinos Ares. Cuartos Final Copa. Numancia, 1 - Eume, 0. ChapuADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. Trofeo a la regularidad Bodegas y Vinos Ares. Cuartos Final Copa. Numancia, 1 - Eume, 0. JulioAuténtica eliminatoria de Copa a que vivimos na tarde das Alfombras Florais de Ares e moi boa entrada en Prados Vellos, a onde acudiron un bo número de afeccionados do Eume. 

Chegaba o Eume coa bitola de equipo favorito, lóxico se temos en conta a súa magnífica temporada na Primeira Autonómica e, efectivamente, puidemos ver un ritmo de xogo superior ao que estamos afeitos na Segunda. Eran os eumeses os que manexaban o balón e intentaban procurar un oco na portería local. Aínda así, apenas conseguiron crear ocasións claras de gol, mentres o Numancia si tivo algunha chegada ao contraataque moi clara. Marchamos ao descanso co empate a ceros inicial.

Na segunda parte, cando todos esperabamos que os aresáns acusasen o esforzo físico despregado nos primeiros corenta e cinco minutos, quedamos gratamente sorprendidos ao ver como co cambio de sistema e de posicións nun par de xogadores, o Numan comezou a controlar máis o partido e dispuxo dun par de clarísimas ocasións de gol. Pero xa sabemos que o gol é propiedade de Chapu, así que houbo que esperar a primeira ocasión que tivo o goleador para materializar ese tanto que lle deu a clasificación ao equipo. E a partir dese minuto, vimos a un Chapu que exerceu, xunto a Julio, de xogador total, rexeitando balóns na área propia e recibindo no medio para repartir xogo. 

Houbo que sufrir ata o final, cun Eume que colgaba balóns á área pero sen derrubar a excelente muralla defensiva de todo o equipo. 

Clasificados para as semifinais de Copa de Ferrol, na que Prados Vellos recibirá ao Galicia de Mugardos. O partido está sinalado para as 18.30 h. do domingo, 10 de xuño.

Toni (presidente), José Antón (adestrador) e Martín (xogador) repiten dando as valoracións á Regularidade do trofeo “Bodegas e Viños Ares”: 

CHAPU         14

JULIO            14

AMENEDO    13,75

EMI                 13,25

ESPIÑEIRA    12,75

ALBERTO      12,5

ELÍAS             12,5

PITA                12,5

IVÁN               12,25

ÓSCAR           12,25

ARNOSO        12

ÁNGEL           11,75

JUAN              11,75

Iván Drago      10,5

Pablo Ferro     10

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.