Inicio Premios Regularidade de afeccionados 2017-2018 TROFEO Á REGULARIDADE "BODEGAS E VIÑOS ARES. COPA. MANDIÁ 2- NUMANCIA, 2
 
 

TROFEO Á REGULARIDADE "BODEGAS E VIÑOS ARES. COPA. MANDIÁ 2- NUMANCIA, 2

ELÍAS, O MÁIS VALORADO EN BOAVISTA.

Decisiva reaparición de Vicente contra o Mandiá, conseguindo o tanto do empate. Nos penaltis, o Numancia conseguiu a clasificación conseguindo un 4 - 5.

 

 

Ares, 28 de maio de 2018.

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. Trofeo a la regularidad. Bodegas y Vinos Ares. ElíasA can fraco todo son pulgas”. Os refráns agochan unha profunda sabedoría. A convocatoria para Boavista ía moi xustiña: 15 xogadores en total, dos cales un levaba medio ano sen xogar e dous eran xuvenís. E antes do inicio do partido, Fran sofre unha recaída e non pode comezar; aos 15 m., Alberto ten unha torcedura co conseguinte cambio obrigado. Estes foron as circunstancias coas que chegamos a esta eliminatoria de oitavos de final.

E  aínda que soe a escusa, o campo de Boavista resultoulle estraño aos nosos xogadores, cun céspede alto e unha superficie un tanto irregular. Tamén é certo que o Mandiá sorprendeu aos aresáns cun fútbol combinativo que nos superou claramente na primeira parte, chegando ao descanso con 1 – 0. Na segunda parte os locais acusaron o esforzo e permitiu que o Numancia crease máis ocasións e puidese empatar Vicente tras saque de córner.

Nos penaltis, a parada de Carlos Arnoso e o acerto dos nosos lanzadores levaron a clasificación para Ares, cun 4- 5 final.

Para o partido do domingo, 3 de xuño, ás 18.30 h. en Prados Vellos, o Numancia deberá recuperar xogadores e forzas se quere derrotar ao Eume e clasificarse para as semifinais de Copa.

Toni (presidente), José Antón (adestrador) e Martín (lesionado) deron estas valoracións á Regularidade do trofeo “Bodegas e Viños Ares”: 

ELÍAS           11,5

JULIO           10,5

VICENTE     10,25

Iván Drago     10,25

EMI           10

TETI                 9,75

CHAPU            9,5

AMENEDO      9,25

ARNOSO         9

ÓSCAR            9

Pablo Ferro       8,75

ESPIÑEIRA      8,5

ALBERTO        8

JUAN                7


ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. Trofeo a la regularidad Bodegas y Vinos Ares. Teti.O próximo domingo, día das Alfombras Florais en Ares, Teti recibirá o trofeo do mes de maio, premiando a súa regularidade neste tramo final da temporada. Álex Pérez, representante de “Bodegas e Viños Ares”, realizará a entrega. Esta é a clasificación do mes:

TETI               44,25

Iván Drago      42

JULIO             40,5

ALBERTO      39

ESPIÑEIRA    39

AMENEDO     36,75

ARNOSO        36,5

EMI                  36,25

CHAPU            35,25

ÓSCAR           33,75

JUAN               31,25

FRAN              30,75

CARLOS V.     29,5

ELÍAS              29,5

PITA                 26,5

VICENTE        10,25

Pablo Ferro         8,75

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.