Inicio Premios Regularidade de afeccionados 2017-2018 TROFEO Á REGULARIDADE "BODEGAS E VIÑOS ARES. COPA: NUMANCIA, 4 - CARIÑO, 1
 
 

TROFEO Á REGULARIDADE "BODEGAS E VIÑOS ARES. COPA: NUMANCIA, 4 - CARIÑO, 1

TETI, BASTIÓN DO NUMANCIA.

A seguridade de Teti e os goles de Pita foron os principais argumentos para derrotar ao Cariño.

Ares, 22 de maio de 2018.

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. Trofeo Regularidad Bodegas y Vinos Ares. Copa. Numancia, 4 - Cariño,1. Teti.Regular entrada en Prados Vellos para presenciar a eliminatoria de Copa, a partido único, entre os locais e o Cariño.

Se na primeira parte o resultado e o xogo acabaron en igualada (1 – 1), os segundos corenta e cinco minutos foron de claro dominio do Numancia. Era só cuestión de esperar que entrase o gol, adiantarse no marcador e xogar con confianza. E foi no minuto 69 cando Carlos atinou a enviar o balón ao fondo das redes. Cinco minutos máis tarde, Pita pechou a eliminatoria co terceiro gol e aínda chegou un cuarto gol de Julio. O Cariño estivo falta de forzas nesta segunda parte.

Coa clasificación conseguida, debemos lamentar a perda de dous xogadores para a eliminatoria fronte ao Mandiá: Pita seguramente sexa baixa por sanción, tras a súa expulsión por dúas amoestacións; e Carlos Vázquez, lesionado cunha escordadura no pé dereito, quizais dea por finalizada esta temporada.

Toni (presidente), Carballeira (adestrador) e Martín (lesionado) deron estas valoracións á Regularidade do trofeo “Bodegas e Viños Ares”: 

TETI            13,5

FRAN          12,25

CHAPU       11,75

ALBERTO   11,5

JULIO          10,5

ESPIÑEIRA 10

PITA             10

Iván Drago    9,75

CARLOS V.  9,5

ARNOSO      9

ELÍAS           9

EMI               8,75

ÓSCAR        8,75

AMENEDO  8,5

JUAN           6,25


O “veterano” Teti substitúe ao novel Iván Dragoevich na clasificación do mes de maio. O vindeiro partido en Boavista diranos o vencedor deste mes de maio. Así van as puntuacións:

TETI               34,5

Iván Drago      31,75

ALBERTO      31

FRAN             30,75

ESPIÑEIRA    30,5

JULIO             30

CARLOS V.     29,5

AMENEDO     27,5

ARNOSO        27,5

PITA                26,5

EMI                 26,25

CHAPU           25,75

ÓSCAR           24,75

JUAN              24,25

ELÍAS             18

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.