Inicio Premios Regularidade de afeccionados 2017-2018 TROFEO Á REGULARIDADE "BODEGAS E VIÑOS ARES. COPA. MOECHE, 4 - NUMANCIA, 5
 
 

TROFEO Á REGULARIDADE "BODEGAS E VIÑOS ARES. COPA. MOECHE, 4 - NUMANCIA, 5

CATRO GOLES DE CHAPU.

O xuvenil Iván Dragoevich lidera a clasificación de maio.

 

Ares, 14 de maio de 2018.

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. Bodegas y vinos Ares.ChapuEn primeiro lugar temos que agradecer ao Moeche, aos seus directivos e xogadores, que accederan a poñer o partido nunha hora tan tardía. A nosa petición de retrasar a hora do comezo do partido, debido aos banquetes das comuñóns que se celebraron en Ares este domingo, foi atendida sen titubear polo equipo de Moeche. Vaia o noso agradecemento.

Outro detalle positivo foi comprobar o magnífico estado do céspede do campo, unha verdadeira alfombra onde é un luxo xogar.

Respecto do partido, cando aos trinta minutos o Numancia xa marcara catro goles, parecía que a eliminatoria estaba sentenciada. Mais parece que nos gusta poñerlle emoción aos partidos e vimos como se chegaba ao descanso cun 2 – 4 que deixaba aberto o resultado. Tres goles de Chapu (aproveita todo o que lle cae cerca) e un de Julio daban vantaxe ao Numancia.

Ao comezo da segunda parte, outro gol de Chapu xa parecía disipar as dúbidas, aínda que o Moeche conseguiría outros dous goles e quedou un minuto de suspense.

As valoracións para o trofeo á Regularidade, patrocinado por “Bodegas e Viños Ares”, foron outorgadas por Antonio González, “Toni” (foron moitos anos no Numancia), o adestrador José Antón e o directivo Cartelle: 

CHAPU          14

Iván Drago 11

CARLOS V. 10

FRAN             10

JULIO             10

TETI                10

ALBERTO        9

AMENEDO      9

ELÍAS               9

EMI                   8

ESPIÑEIRA      8

JUAN                8

ÓSCAR             8

PITA                  8

ARNOSO          7

 

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. Trofeo Bodegas y Vinos Ares. Iván DragoevichDespois destes dous últimos partidos, temos a satisfacción de comprobar o ben que responden os xuvenís, e vemos como Iván Dragoevich vai líder da clasificación do mes de maio:

Iván Drago 22

TETI                21

ESPIÑEIRA 20,5

CARLOS V. 20

ALBERTO 19,5

JULIO             19,5

AMENEDO 19

ARNOSO 18,5

FRAN             18,5

JUAN              18

EMI                 17,5

PITA               16,5

ÓSCAR          16

CHAPU           14

ELÍAS               9

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.