TROFEO Á REGULARIDADE "BODEGAS E VIÑOS ARES. 22ª X. VALDOVIÑO, 0 - NUMANCIA, 4

DANI ESPIÑEIRA, GOLEADOR EN VALDOVIÑO

Positiva participación do xuvenil Iván Dragoevich, anotando un gol e participando moi acertadamente nas xogadas de ataque.

Ares, 7 de maio de 2018.

ADR Numancia de Ares. Trofeo a la regularidad de Bodegas y Vinos Ares. Aficionados 2017-2018. Dani Espiñeira.O partido correspondente á derradeira xornada da liga, adiantado á tarde do sábado, deixounos unha cómoda vitoria do Numancia ante un rival con moitas baixas. Pita, Dani Espiñeira e Iván Dragoevich (sempre dispoñíbel para botar unha man ao primeiro equipo) foron os goleadores.

Rematou a primeira parte co marcador de 0 – 1 (gol de Pita) e varias ocasións de gol desaproveitadas. Na segunda parte, a expulsión de Pita no minuto 52 parecía que podía incidir no resultado final mais o Valdoviño non soubo facerse co control do partido. Polo contrario, foi o Numancia que conseguiu sumar outros tres goles. 

Esta vitoria dálle ao Numancia a quinta posición na táboa clasificatoria. O domingo, ás 19.00 h. xogará en Moeche a fase previa da Copa a un único partido. Esperemos que os banquetes das comuñóns en Ares aporten a forza necesaria para superar esta primeira eliminatoria.

As puntuacións para o trofeo á Regularidade, patrocinado por “Bodegas e Viños Ares”, foron realizadas por Paulo e Álvaro e mais o directivo José Ramón: 

ESPIÑEIRA 12,5

ARNOSO 11,5

Iván Drago      11

TETI                11

ALBERTO       10,5

AMENEDO     10

CARLOS V.    10

JUAN              10

EMI                 9,5

JULIO             9,5

FRAN              8,5

PITA                8,5

ÓSCAR           8

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.