TROFEO Á REGULARIDADE "BODEGAS E VIÑOS ARES. 20ª X. NARÓN 2 - NUMANCIA, 0
CARLOS ARNOSO LIDERA A CLASIFICACIÓN DE ABRIL
Elías e Carlos Arnoso destacaron no campo do líder.
Ares, 25 de abril de 2018.
Máis que aceptable o partido disputado este domingo fronte ao líder, con oportunidades para adiantarse no marcador como un disparo de Julio ao poste na primeira parte. En xeral puidemos observar un partido ben disputado, cun Numancia moi ben posicionado no Cadaval. Na segunda parte o Narón adiantouse nunha xogada de estratexia que sorprendeu aos aresáns para preto do final conseguir o segundo gol que certificaba a vitoria e, case con total seguridade, o campionato.
As puntuacións para o trofeo á Regularidade, patrocinado por “Bodegas e Viños Ares”, foron realizadas por Carballeira e Antón (adestradores) máis o directivo Cartelle:
ARNOSO 11
ELÍAS 11
FRAN 10
TETI 10
CARLOS V. 9
EMI 9
ESPIÑEIRA 9
JULIO 9
MARTÍN 9
ÓSCAR 9
PITA 9
AMENEDO 8
JUAN 8
Despois dos partidos de Maniños, Barallobre e Narón, vemos como Carlos Arnoso tomou certa vantaxe sobre Pita e Elías. Queda o partido deste domingo fronte ao Neda para determinar quen leva o premio do mes de abril. Así están as puntuacións :
ARNOSO 31
PITA 28
ELÍAS 27
JULIO 25
ESPIÑEIRA 24
FRAN 24
CARLOS V. 22
MARTÍN 22
AMENEDO 21
EMI 21
ÓSCAR 21
TETI 20
CHAPU 17
ALBERTO 15
JUAN 12
IVÁN 9
Iván Drago 7
Pablo Ferro 7