TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18. 15ª X.: NUMANCIA, 4 - CARANZA, 2

CONTINUAMOS NA ONDA DAS VITORIAS.

Esta tarde entraron os goles e Teti liderou unha defensa numantina.

Ares, 11 de marzo de 2018.

ADR Numancia de Ares. Trofeo a la regularidad de aficionados 2017-2018 de Bodegas y vinos Ares. Mes de Febrero para César Vicente "Chapu". Entrega el trofeo mensual Alex Pérez.O tempo deu unha tregua e permitiu xogar sen maiores problemas nun Prados Vellos que acolleu coma todas as tardes esa lexión de siareir@s fieis aos que non asustou o vento. Nos prolegómenos do partido, Álex Pérez entregoulle a Chapu o premio correspondente ao xogador máis regular do mes de febreiro.

Así como hai partidos nos que o balón non quere entrar (sen ir máis lonxe lembremos hai sete días o partido co Cebarca), hoxe o Numancia aproveitou nunha alta porcentaxe as súas ocasións, mesmo o primeiro gol foi marcado en propia meta por un xogador do Caranza.  Ao descanso do partido chegouse coa vitoria local por 2 – 1, resultado que premiaba o acerto na área do goleador Chapu. Tamén houbo que lamentar a lesión de Alberto Permuy quen nos volveu dar un segundo susto nesta temporada, aínda que, felizmente, e despois de acudir ao hospital, estivo de volta no final do partido e puido celebrar cos seus compañeiros a vitoria.

E aínda que o resultado final pareza apuntar a unha clara superioridade do Numancia, o xogo visto no céspede non responde totalmente con ese marcador. Si é certo que co 4 – 1 favorable, grazas aos goles de Ángel e de Iván conseguidos nos dez primeiros minutos da segunda parte, os locais estiveron máis por defender o resultado que por controlar o balón, e de aí, certos momentos de asfixia na área na que case sempre apareceu Teti para resolver os ataques dos ferroláns.

ADR Numancia de Ares. Trofeo a la regularidad de aficionados 2017-2018. Bodegas y Vinos Ares. Partido Numancia, 4 - Galicia de Caranza, 2. Teti.En conclusión, o Numancia suma outros tres puntos que o levan á quinta posición na táboa, situándose na zona media alta, aínda que lonxe do Maniños e do Narón, os dous primeiros clasificados que, definitivamente, parecen reservarse unha loita ata o último partido por ver quen se proclama campión.

Na vindeira xornada preséntase en Perlío a oportunidade de, en caso de vitoria, acercarse á cuarta posición.

En canto á puntuación para o trofeo á Regularidade “Bodegas e Viños Ares”, hoxe participaron coa súas valoracións, Elena (presidenta oficiosa do grupo de mulleres numantinas), Álex Pérez (representante de Bodegas e Viños Ares), Miguel Carballeira (adestrador) e Cartelle (directivo). Estas foron as súas notas:

TETI                11

ARNOSO        10

EMI                 10

IVÁN              10

JULIO            10

CHAPU            9

ELÍAS              9

ESPIÑEIRA     9

ALBERTO       8

AMENEDO     8

ÁNGEL           8

CARLOS V. 8

MARTÍN        8

Pablo Ferro     7

JUAN              5

Con este segundo partido do mes de marzo, a clasificación mensual queda liderada por Teti, seguido moi de preto por varios compañeiros: 

TETI                21

ARNOSO        20

JULIO             19

MARTÍN         19

IVÁN              18

EMI                 17

ALBERTO      16

ELÍAS             16

ÁNGEL           15

CHAPU           15

AMENEDO    14

CARLOS V.    14

ESPIÑEIRA    13

JUAN             10

PITA                9

JOAQUÍN       8

Pablo Ferro      7

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.