TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18. 14ª X.: CEBARCA, 1 - NUMANCIA, 2

SEGUNDA VITORIA CONSECUTIVA.

Partido con dúas caras no Bernardino Breixo, destacando a actuación de Martín en labores defensivos.

Ares, 4 de marzo de 2018.

ADR Numancia de Ares. Trofeo a la regularidad de aficionados 2017-2018. Cebarca, 1 - Numancia, 2. MartínMoi boa saída dos aresáns na primeira parte, con claras chegadas á portería local moi ben defendida por Rubén Canosa. Foron tres os balóns que golpearon a madeira máis outras ocasións despexadas por Rubén nuns contragolpes que non frutificaron, mentres que na portería do Numancia, Carlos tiña unha tarde tranquila. Sabemos que en fútbol os goles non se merecen, márcanse ou non se marcan. E así foi como, tras unhas ocasións clarísimas erradas, nun córner chega o gol en propia meta que pon en vantaxe ao Numancia. Merecido? Si, pero en propia meta. Tamén chegou en saque de córner o gol do empate, no último minuto da primeira parte e na primeira ocasión que creara o Cebarca. Empate a un gol no descanso, bastante inxusto vistas as ocasións de uns e outros.

A segunda parte foi outro cantar. O campo de herba natural pasa factura aos equipos que non están acostumados a el e van causando fatiga nos xogadores. Os numantinos perderon frescura e tamén perderon o control do partido, de maneira que xa non se chegaba á portería local. Por outra parte, tamén merece unha crítica o sr. colexiado: independentemente do resultado, si debemos censurar que mentres os aresáns acabaron o partido con 5 amoestacións (quizás todas merecidas), os xogadores locais marcharan ao vestiario sen ningunha amoestación. Faltas cometeron tantas ou máis ca os aresáns e perigosas, como mínimo, outras tantas. Insisto en que a crítica non é pola incidencia directa no resultado senón polo distinto criterio á hora de sancionar as faltas. 

Nos últimos minutos recuperou o Numancia esas chegadas en velocidade e, nunha excelente xogada de Ángel, o balón entrou na portería local superando a saída de Rubén, antes de que un defensa o despexase. O árbitro entendeu que non entrara e o empate seguiu no marcador ata a última xogada, na que, tras varias combinacións a ras do céspede, Joaquín disparou a portería, conseguindo o gol da vitoria despois dun rebote afortunado nun defensa. Por ocasións, a vitoria quizás fose xusta, aínda que na segunda parte o Numancia baixou moito o seu rendemento.

Poucos siareiros numantinos acudiron esta tarde ao campo do Cebarca nunha tarde que aguantou sen chuvia. Os participantes nas votacións para o trofeo á Regularidade de “Bodegas e Viños Ares, foron Marta Sarmiento (de Franza), Ramón (siareiro) e Lucho (directivo):

MARTÍN        11

ARNOSO       10

TETI               10

JULIO              9

PITA                 9

ALBERTO       8

IVÁN               8

JOAQUÍN        8

ÁNGEL            7

ELÍAS              7

EMI                   7

AMENEDO      6

CARLOS V.      6

CHAPU             6

JUAN                5

ESPIÑEIRA      4

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.