Inicio Premios Regularidade de afeccionados 2017-2018 TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18. 12ª X.: NUMANCIA, 0 - MEIRÁS, 2
 
 

TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18. 12ª X.: NUMANCIA, 0 - MEIRÁS, 2

DERROTA ANTE UN MEIRÁS MÁIS INTENSO E CONTUNDENTE

Cando non se aproveitan as ocasións, acabas perdendo o partido.

Ares, 18 de febreiro de 2018.

ADR Numancia de Ares. Trofeo a la regularidad de Aficionados 2017-2018. Numancia, 0 - Meirás, 2. Carlos Vázquez.Boa entrada en Prados Vellos cunha excelente asistencia dos afeccionados de Meirás, equipo que chegaba colocado na terceira posición da táboa clasificatoria, sabendo que non podía fallar ante o Numancia. Esa motivación e a fe na vitoria foron claves para gañar os tres puntos e continuar na loita por alcanzar aos dous primeiros clasificados. O resultado puido ser outro, pero se non rematas as ocasións e as poucas que finalizas encontras a un porteiro moi vivo e áxil, acabas perdendo. 

Só cabe felicitar ao equipo do Meirás, moi xeneroso no esforzo, e animar ao plantel do Numancia, que, a pesar do resultado adverso, competiu cara a cara cos visitantes.

As puntuacións para o Trofeo á Regularidade “Bodegas e Viños Ares” deste partido foron outorgadas por Cartelle (directivo), e dúas seguidoras: Bea (sospeitamos que foi moi dura con algún xogador) e Andrea. Curiosamente, dous xogadores que empezaron o partido no banco de suplentes, Carlos e Chapu, foron os máis valorados:

CARLOS V. 13

CHAPU    12

ALBERTO 10

EMI                  9

ESPIÑEIRA 9

IVÁN         8

PITA         8

ARNOSO 7

ELÍAS         7

JULIO         7

MARTÍN         7

AMENEDO 6

VICENTE 6

FRAN         5

JOAQUÍN 5

TETI         5


A falta do partido da vindeira semana en Moeche, parece que o premio vai estar entre Pita e Chapu, aínda que os seus seguidores tamén contan con algunha posibilidade:

PITA         33,5

CHAPU           32

ALBERTO 30

ARNOSO 30

EMI                 29,5

CARLOS V. 28

ESPIÑEIRA 27

ELÍAS         25,5

VICENTE 24

AMENEDO 23

JULIO         23

TETI         21,5

MARTÍN         16

FRAN         14,5

JOAQUÍN 12

JUAN         10,5

IVÁN           8

Vascós       7

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.