Inicio Premios Regularidade de afeccionados 2017-2018 TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18. 10ª X.: NEDA, 2 - NUMANCIA, 2
 
 

TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18. 10ª X.: NEDA, 2 - NUMANCIA, 2

FELIZ REGRESO DE ARNOSO EN NEDA

Facendo fácil o difícil, Carlos Arnoso volveu demostrar no partido de onte as súas magníficas condicións.
Ares, 5 de febreiro de 2018.
Tarde invernal e, por momentos, infernal, no municipal de Neda. Saltaban a un terreo con bastante auga dous equipos que, tras os últimos resultados adversos, quedaron xa algo descolgados das primeiras posicións. O partido foi bastante equilibrado e non moi brillante, no que destacariamos o perigo dos lanzamentos de Unai que sempre encontraron a un seguro gardarredes visitante e os contraataques dos aresáns, con imprecisións no pase final. No último minuto da primeira parte por fin culminaron con acerto e Elías elevou o balón por riba do porteiro nedense, chegando o Numancia con vantaxe ao descanso.
Nada máis comezar a segunda parte, tivo Espiñeira o 0 – 2 nunha ocasión moi clara pero o seu disparo saíu por riba do traveseiro. E o Neda comezou a buscar con insistencia o empate, empuxando e loitando por cada balón. Xa non estaba Vicente na defensa e custaba máis traballo despexar os balóns. O Neda veuse arriba, empatou o partido nunha acción afortunada e o Numancia tiña que recompoñer a aliñación tras as lesións de Alberto e Julio.  Sucedéronse oportunidades para os locais, sobre todo un tiro cruzado e raso que Arnoso, nunha excelente intervención, desviou a córner. Tamén o Numancia intentaba sorprender con rápidos contraataques, gozando de varias ocasións nunca ben aproveitadas. A falta de poucos minutos e tras un córner, chegou o segundo gol do Neda que parecía sentenciar o encontro, mais cando está Chapu no campo sabemos que o gol está ao axexo. Un balón bombeado á área, saída en falso do porteiro local e Chapu que cabecea a portería baleira: empate final e reparto de puntos que non satisfai a ninguén.
Nas bancadas, ao abrigo da chuvia, pedimos aos afeccionados a valoración individual dos xogadores aresáns, neste primeiro partido do mes de febreiro. E claramente foi Carlos Arnoso o mellor do partido, coma así o recolleron Manolo Salgado, Picas e Álvaro.
Estes son os puntos obtidos en Neda, primeiros de febreiro para o Trofeo á Regularidade “Bodegas e Viños Ares”:
ARNOSO 12
EMI                 11,5
PITA         11,5
ELÍAS         10,5
AMENEDO 10
CHAPU         10
FRAN           9,5
TETI           9,5
ALBERTO         9
JULIO           9
CARLOS V.      8
ESPIÑEIRA  8
VICENTE  8
JOAQUÍN  7
JUAN          6,5
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.