Inicio Premios Regularidade de afeccionados 2017-2018 TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES: A CAPELA, 2 - NUMANCIA, 1
 
 

TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES: A CAPELA, 2 - NUMANCIA, 1

SÓ DOUS APROBADOS: CHAPU E JOAQUÍN.

Parece que o frío da Capela conxelou ao Numancia. 
Ares, 11 de xaneiro de 2018.
“Peor imposible”: este é o resumo da situación de precariedade que vive o Numancia de modestos. Lesións, exames e outras causas están minguando  un equipo que tan só hai un mes prometía outros resultados. Por riba, no partido desputado nos Calzados este pasado domingo, o vento e o infortunio dun gol en propia meta deron dous goles ao equipo local que lles serviu para levar a vitoria. A destacar a participación de dous xuvenís: Fran Anido e Iván Dragoevich, así como o debut nesta temporada de Kike, substituíndo ao lesionado Carlos Arnoso.
Consecuentemente, as puntuacións xerais correspondentes para o trofeo á Regularidade “Bodegas e Vinos Ares” están por debaixo do aprobado. Carballeira e Antón máis José Ramón (directivo) foron os que valoraron os “méritos” dos xogadores aresáns.  Así foron as súas puntuacións :
CHAPU         9
JOAQUÍN 8
ARNOSO 7
ELÍAS         7
ALBERTO 6
AMENEDO 6
EMI                 6
ESPIÑEIRA 6
Iván Drago 6
F. ANIDO        6
KIKE          6
ESTEBAN 5
MARTÍN          5
ÓSCAR         5
JUAN         4
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.