Inicio Premios Regularidade de afeccionados 2017-2018 TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES: NUMANCIA, 3 - PERLÍO, 3
 
 

TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES: NUMANCIA, 3 - PERLÍO, 3

CHAPU E ÁNGEL, DIANTEIROS CON GOL

Empate valioso a tres goles ante o Perlío, dadas as circunstancias coas que houbo que afrontar o partido deste domingo. 

Ares, 20 de decembro de 2017.

ADR Numancia de Ares. Trofeo a la regularidad de aficionados 2017-2018. ÁngelSó 12 xogadores do primeiro equipo dispoñibles máis o xuvenil Fran Anido foron os efectivos cos que saíu ao campo o Numancia na tarde do pasado domingo. Lesións, enfermidades e sancionados diminuíron o potencial dos modestos aresáns nun partido no que ao final conseguiron salvar un punto, aproveitando o magnífico remate de cabeza de Chapu. Antes houbo que lamentar outro infortunio co cambio obrigado de Alberto, quen sufriu mareos despois dun choque no que se golpeou a cabeza. Afortunadamente, e tras consulta no médico, non hai outras consecuencias e todo queda nun susto.

O partido comezou co dominio do Perlío ante un Numancia que acusaba as baixas, con xogadores que ocupaban posicións non habituais. Colleron os visitantes unha vantaxe de dous goles que foi recortada por Ángel nun contraataque rápido e ben definido ante a saída do porteiro. Porén, o cambio de Alberto motivou que houbera que inventarse un novo central, ocupando Esteban esa posición o que levou a outros momentos de desaxustes que facilitaron o terceiro gol do Perlío, neutralizado ao final da primeira parte cun gol en propia meta dos visitantes. Un resultado final de 2 – 3 ao descanso, que prometía unha segunda parte movida.

E así foi, pois mentres o Perlío buscaba un cuarto gol que pechase o marcador, o Numancia non se resignou ata que conseguiu o empate nun excelente remate de Chapu. E aínda houbo ocasión na última xogada do partido, nunha falta favorable ao Numancia que finalmente non puido rematar Chapu. 

ADR Numancia de Ares. Mini Cestas de Navidad. PicasADR Numancia de Ares. Mini Cestas de Navidad. JobPor outra parte, as minicestas que se sortearon no descanso do partido foron para dous asiduos espectadores en Prados Vellos: Picas e Job (xogador prebenxamín do Numancia).

En canto ás votacións para o Trofeo á Regularidade de Bodegas y Vinos Ares, neste partido solicitámoslle a súa colaboración ao propio Álex Pérez, representante de Bodegas y Vinos Ares; ao directivo do Numancia,Javier Aneiros; e ao adestrador de xuvenís do Numancia, Chemari. Estas foron as súas puntuacións :

ÁNGEL        12

CHAPU        10

FRAN        10

ESPIÑEIRA 9

ESTEBAN 9

IVÁN         8

JULIO       8

ÓSCAR      8

ARNOSO         7

MARTÍN         7

ALBERTO 6

AMENEDO 6

F. ANIDO   6

 

A falta dunha xornada para finalizar este mes de decembro, o partido que se xogará este sábado 23 ás 16.00 en Caranza, a táboa clasificatoria sitúa aos dianteiros Chapu e Ángel coma máximos candidatos para o trofeo deste mes de Nadal: 

CHAPU         23

ÁNGEL         22

ARNOSO         20

JULIO         19,5

FRAN         18,5

ESPIÑEIRA 17,5

ESTEBAN 17,5

IVÁN         17,5

ÓSCAR         17

MARTÍN        15,5

ALBERTO 15

EMI           12

JUAN        9

ELÍAS        8,5

AMENEDO 6

JOAQUÍN  6

F. ANIDO         6

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.