Inicio Premios Regularidade de afeccionados 2017-2018 TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017. 2ª FASE, 3º XORNADA
 
 

TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017. 2ª FASE, 3º XORNADA

CARLOS ARNOSO E CHAPU, ARTÍFICES DA VITORIA

Outros dous goles de Chapu dábanlle a vitoria ao Numancia no descanso do partido ante un Cebarca moi batallador.

Ares, 4 de decembro de 2017.

ADR Numancia de Ares. Antonio ganador rifa del encuentro de aficionados Numancia - Cebarca disputado en Prados VellosComezamos o mes de decembro sumando outros tres puntos que nos colocan provisionalmente na terceira posición da liga. Só van 3 xornadas e aínda nos esperan moitos partidos por diante nunha temporada na que será importantísimo recuperar os xogadores lesionados así como estar en condicións físicas óptimas (adestrar é unha necesidade) se queremos continuar nesas posicións.

No descanso do partido sorteáronse dúas minicestas de Nadal que foron para Antonio, o pai de Elías, e para Genete, aos que felicitamos polo premio conseguido e agradecemos a súa colaboración xunto a todas as persoas que domingo a domingo compran rifas que axudan a paliar os gastos da sociedade.

Con respecto ao partido, indicar que o Numancia conseguiu tres puntos ante o Cebarca, repetindo o resultado da primeira fase (3 – 1) nun encontro moi trabado, cun rival que nunca se rende e que estivo preto de conseguir a igualada. Como indican as puntuacións dadas aos xogadores, o partido decidiuse nas áreas e aí Chapu non perdoa e Carlos Arnoso estivo espectacular. Xa o resultado moi apertado 2 – 1, os locais pecharon o partido nun contraataque onde a velocidade de Ángel foi determinante, regalándolle o balón a Iván para que o empurrase a portería baleira.

E comezamos a sumar puntos para o Trofeo á Regularidade deste mes de decembro, patrocinado por Bodegas e Viños Ares. Nesta ocasión foron compañeiros dos protagonistas os elixidos para puntualos: Vicente, Amenedo e Álvaro valoráronos así:

ARNOSO       13

CHAPU          13

EMI               12

JULIO            11,5

ÁNGEL          10

IVÁN               9,5

ALBERTO       9

JUAN              9

ÓSCAR           9

ELÍAS            8,5

ESPIÑEIRA   8,5

ESTEBAN     8,5

FRAN            8,5

MARTÍN       8,5

JOAQUÍN     6

O domingo, 10 de decembro, ás 16.00 comezará o partido correspondente á cuarta xornada, xogándose en Caranza ante un equipo que aínda non conseguiu a vitoria nesta liga.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.