TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18. 2ª FASE. 1ª X.
EMI E ÓSCAR, DONOS DAS BANDAS EN MEIRÁS
Poderosos e rápidos, os dous laterais foron os máis destacados nun partido con dúas caras no que ao descanso gañaba o Meirás por 3 – 1.
Ares, 19 de novembro de 2017.
Un 3 – 1 adverso e o control do partido do Meirás ao descanso, prognosticaba unha derrota clara na segunda parte. Porén, o Numancia deu un paso ao fronte e fíxose co balón lanzando continuos ataques e provocando chegadas de gol, se ben é certo dunha maneira quizás precipitada.
Finalmente, non se puido igualar un partido no que penalizaron os últimos quince minutos da primeira parte, totalmente desbordados polos locais. En definitiva, os tres puntos quedaron en Meirás pero isto só acaba de comezar e imos quedarnos coas ganas que ofreceron os xogadores do Numancia nuns segundos corenta e cinco minutos nos que demostraron unha clara superioridade.
Pepe, Toni e José Ramón puntuaron así neste segundo partido do mes de novembro:
XOGADOR
EMI 11
ÓSCAR 11
ELÍAS 10
IVÁN 10
PITA 10
ESPIÑEIRA 9
JULIO 9
MARTÍN 9
ARNOSO 8
CHAPU 8
JUAN 8
ALBERTO 7
Iván Drago 6
AMENEDO 5
Sumando os puntos do partido de Cabanas, a clasificación deste mes de novembro queda así:
ELÍAS 22
ÓSCAR 22
ARNOSO 20
IVÁN 20
ESPIÑEIRA 16
JULIO 16
Iván Drago 13
ALBERTO 12
EMI 11
PITA 10
MARTÍN 9
CHAPU 8
JUAN 8
CAVEZZA 8
CRISTIAN 7
ESTEBAN 7
FRAN 7
JOAQUÍN 7
Pablo Ferro 7
AMENEDO 5
ÁNGEL 0
CARLOS VÁZ. 0
VICENTE 0