TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18.11ª X.

CARLOS ARNOSO, O MELLOR NA VEIGA DE CABANAS

Tamén Emilio Magariños foi dos máis valorados e os dous lideran a clasificación do Trofeo Bodegas e Viños Ares do mes de novembro.

Ares, 6 de novembro de 2017.

ADR Numancia de Ares. Trofeo Bodegas y vinos Ares. No derradeiro partido desta primeira fase de Liga, o Numancia acudiu ao campo da Veiga con tan só once xogadores do primeiro equipo. Lesionados, sancionados e outras circunstancias conduciron a esta situación de mínimos que se solucionou coa incorporación de tres xuvenís. O partido non tivo moito que comentar pois na xogada inicial xa anotou Joaquín o primeiro gol. Aínda así, non deixa de sorprendernos que un dos dous xogadores máis valorados fose Carlos Arnoso, que tivo unha excelente actuación salvando varias ocasións moi claras do Cabanas.

Finalizada esta fase, e despois dunha semana de descanso, o Numancia estará no grupo 1 xunto ao Meirás, Maniños, Cebarca, Barallobre e Valdoviño, os seis equipos clasificados do grupo A, máis os outros seis do grupo B: Narón, Neda, Caranza, Perlío, A Capela e Moeche. Estes doce equipos loitarán pola primeira praza do grupo con ascenso directo a Primeira Autonómica e a segunda praza que clasifica para unha promoción de ascenso.

Antonio, Chema e Ramón viron así aos nosos xogadores neste primeiro partido do mes de novembro:

ARNOSO     12

EMI             12

PITA     11

JOAQUÍN     10

CAVEZZA     8

ELÍAS      7

ESTEBAN     7

FRAN     7

IVÁN     7

JUAN     7

MARTÍN     7

DRAGOEVICH 7

FERRO     7

ALBERTO    5

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.