Get Adobe Flash player
Inicio Premios Regularidade de afeccionados 2017-2018 TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18. 10ª X.
 
 

TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18. 10ª X.

ALEJANDRO PITA, XOGADOR DO MES DE OUTUBRO

E Carlos Arnoso o xogador do partido de onte, ante o Somozas B.

Ares, 30 de outubro de 2017.

ADR Numancia de Ares. Bodegas y vino Ares. Gelucho aganador de la rifa.Nin Numancia nin Somoza B tiñan necesidade dos puntos que se disputaban en Prados Vellos na tarde deste derradeiro domingo de outubro. O Numancia coa clasificación no peto e o Somozas B descolgado definitivamente. Con estes condicionantes, o máis salientable no partido foi a reaparición de Chapu, despois dun longo e tortuoso ano, superando as secuelas dun grave accidente. Xa non quedan moitos xogadores coa ilusión e as gañas que demostra Chapu, non xa nos partidos, senón nos propios adestramentos. E tamén asistimos ao debut doutro xuvenil, Pablo Cavezza, completando a convocatoria xunto ao seu compañeiro Iván Dragoevich. No lado negativo, asistimos á despedida de Cristian, co billete na man para Malta, onde encontrou o traballo que non puido atopar aquí. O Numancia botárao en falta pero tamén se alegra por el e deséxalle toda a sorte nesta aventura.

En canto ao sorteo das rifas, nesta ocasión o afortunado foi Gelucho, quen levou o regalo de dúas botellas de viño Murillo Viteri personalizadas co escudo do Numancia.

ADR Numancia de Ares. Bodegas y vinos Ares. Juan Carlos, Juan y Guillermo.E, finalmente, tres asiduos seguidores e socios do Numancia, ocupantes da zona do banquiño foron os voluntarios para a valoración dos numantinos na tarde de onte: Juan Escudero, Juan Carlos e Guillermo exerceron de xuíces e ditaminaron unhas notas acordes co rendemento visto no céspede.

Estas foron as súas cualificacións:

ARNOSO       10

EMI                   9

AMENEDO   8

ELÍAS           8

ESTEBAN   8

JULIO           8

MARTÍN           8

PITA           8

CHAPU           8

FRAN           7

CAVEZZA   7

ESPIÑEIRA   6

JOAQUÍN           6

IVÁN DRAG.   6

 

Confirmáronse os prognósticos e o primeiro premio da temporada ao xogador máis regular do mes de outubro foi para Pita, quen recollerá o regalo de mans do representante de Bodegas e Viños Ares no primeiro partido que se dispute en Prados Vellos :

PITA         66

FRAN         54

JULIO         52

MARTÍN         52

ESPIÑEIRA 44

ALBERTO 42

JUAN         38

IVÁN               37

ESTEBAN 36

ELÍAS         35

ÁNGEL         34

ARNOSO   34

AMENEDO 32

ÓSCAR         30

VICENTE  29

EMI                 25

CARLOS          24

JOAQUÍN  23

CRISTIAN 17

IVÁN DRAG. 11

CHAPU         8

CAVEZZA  7

FERRO          6

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.