TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18. 9ª X.

VICENTE, O MÁIS VALORADO EN VALDOVIÑO

Ata a súa lesión foi un dos poucos que estivo metido no partido.
Ares, 23 de outubro de 2017.
A relaxación sempre é mala compañeira cando se trata de encontros de competición. Non casan ben as palabras “competición” e “falta de motivación” e cando se xuntan eses dous conceptos, as consecuencias son fáciles de imaxinar. Cando no primeiro minuto non disputas un balón e permites que o contrario aproveite os teus regalos, xa condicionas o partido. E este Numancia ten que correr máis que os contrarios se quere lograr bos resultados. Tamén hai que agradecer a participación de dous rapaces xuvenis, Pablo Ferro e Iván, que non dubidaron en desprazarse a Valdoviño e axudar ao equipo de modestos, ante as baixas de varias xogadores.
Así entendemos as baixas puntuacións obtidas neste partido de Valdoviño, onde os locais tiñan que gañar os tres puntos para seguir aspirando a meterse no grupo 1. Nesta ocasión as cualificacións foron de tres directivos que non faltan á súa cita co equipo, Toni, Lucho e Pepe.
As notas dadas por eles foron estas:
 
VICENTE         9
PITA                 8
JULIO         7
MARTÍN         7
CRISTIAN        6
ELÍAS       6
EMI                 6
ESTEBAN 6
FRAN         6
IVÁN         6
Pablo Ferro 6
Iván Drago 5
ALBERTO 4
ESPIÑEIRA 4
JUAN         3
 
 
A falta dun partido para rematar este mes de outubro, parece que a vantaxe de Pita será suficiente para levar o trofeo correspondente a este mes :
 
PITA                 58
FRAN          47
JULIO          44
MARTÍN          44
ALBERTO  42
ESPIÑEIRA  38
JUAN          38
IVÁN          37
ÁNGEL          34
ÓSCAR          30
VICENTE          29
ESTEBAN  28
ELÍAS          27
AMENEDO  24
ARNOSO          24
CARLOS VÁZ.  24
CRISTIAN  17
JOAQUÍN          17
EMI                  16
Pablo Ferro   6
Iván Drago   5
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.