TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18. 6ª X.

REPITE PITA COMA O XOGADOR MÁIS DESTACADO DO PARTIDO

Toni González, Paulo e Chapu puntuaron esta tarde en Prados Vellos aos xogadores locais. O premio foi para Pilar Fernández.

Ares, 9 de outubro de 2017.

ADR Numancia de Ares. Trofeo a la Regularidad 2017-2018. Bodegas y Vinos Ares. Premio Rifa. Pilar FernándezO sorteo do premio das rifas, dúas botellas de viño de Bodegas e Vinos Ares, realizado no descanso, xa foi premonitorio, deixando claro que hoxe era o día de graza da familia Pita, pois a papeleta afortunada resultou ser a da nai do goleador do Numancia, Pilar Fernández. Na segunda parte, Pita logrou un segundo gol, así que dous goles e dúas botellas de Bodegas e Vinos Ares para a casa dos Pita.

Por outra banda, queremos comentar que resulta gratificante para a toda a familia numantina seguir vendo por Prados Vellos a aqueles xogadores que xa non están en activo pero non por iso esquecen a entidade. Nesta ocasión acompañáronnos Paulo e Chapu, dous numantinos que aínda xogaban a temporada pasada e compartían vestiario cos rapaces deste ano. E coincidiron en destacar unha xornada máis ao dianteiro Pita, autor de dous goles (o primeiro foi “olímpico”) e realizando unha vez máis un partido completísimo, loitando por cada balón e axudando ao equipo. Xunto a Pita, destacaron a Cristian, con pouco traballo pero cunha intervención espectacular salvando un gol cantado e outras intervencións dignas de mérito. Tamén Vicente logrou boa nota, aportando a súa veteranía e saber estar na defensa, aínda que non tivo sorte nos seus remates na área contraria, na que se encontrou cunha excelente parada do porteiro visitante e, noutra ocasión, co traveseiro.

 Estas foron as puntuacións completas no partido de hoxe, ante un duro Cebarca:

XADR Numancia de Ares. Trofeo a la Regularidad 2017-2018. Bodegas y Vinos Ares. Numancia, 3 - Cebarca, 1. Alex Pita.OGADOR            

PITA             12

CRISTIAN    11

VICENTE      11

ÁNGEL         10

CARLOS VÁZ.       10

ESTEBAN    10

ÓSCAR         10

ALBERTO    8

ESPIÑEIRA 8

FRAN            8

JULIO            8

MARTÍN        8

AMENEDO   7

JOAQUÍN     7

JUAN            7

 

A clasificación do Trofeo á Regularidade de Bodegas e Vinos Ares deste mes de outubro, despois destas dúas primeiras xornadas, queda así:

XOGADOR   Global

PITA              26

ÁNGEL         21

VICENTE      20

CARLOS VÁZ.       19

ESTEBAN    18

FRAN            18

MARTÍN        18

ALBERTO    17

ESPIÑEIRA 17

JULIO            17

JUAN            16

CRISTIAN    11

ELÍAS            11

IVÁN              11

ÓSCAR         10

ARNOSO      8

AMENEDO   7

JOAQUÍN     7

EMI                0

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.